Skip to Content

blogue deArtistas do cole

Mini-reposteiros do cole de Traba!

Boas amigos, hoxe os nosos artistas volvéronse cociñeiros!

Neste caso, Mía preséntanos unha receita cunha pinta boísima de mugcakes, que non é outra cousa que un biscoito nunha taza! Para lamber os dedos!

E de seguido, Enzo ensínanos a facer un biscoito que tamén ten unha pintaza que se nos fai a boca auga!

Iso si, lembrade sempre poñer un mandil para non manchar a roupa ou acabar de fariña ata as orellas!

Seguide a enviarnos máis videos e fotos amosando que sodes uns autétincos artistas!

 

CREATIVIDADE NA CASA

 

Biscoitos e cores!

Queridos artistas, no día de hoxe querémosvos agasallar con dúas xoias. Por un lado, Martina ensínanos a facer un biscoito con chocolate como o que lle gusta ó seu avó, mentres que Ainhoa nos ensina o resultado de mesturar cores. Botádelle un ollo e animádevos a seguir enviandonos cousiñas! Unha aperta!

Unha viaxe virtual!

Hoxe achegamos este pequeno video sobre Unha viaxe virtual! que o alumnado de Educación Infantil estivo a desenvolver durante as vacacións de Semana Santa. Botádelle un ollo e animádevos a mandarnos máis cousiñas!

 

 

Video Artistas No Confinamento

Artistas no confinamento

Este blog é para todos os artistas que temos no cole. Aquí irán aparecendo os seus traballos nos que mostran como facerlle fronte ao confinamento con imaxinación e creatividade.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut