Skip to Content

blogue deArtistas do cole

HUMOR NO CONFINAMENTO

Nos cómics os cativos mostraron talento artístico e tamén un gran sentido do humor, moi necesario nestes tempos.

 

 

Os pequenos grandes artistas!

Bo día amigos e amigas.

Hoxe traémos unha chea de videos con cousas superinteresesantes e orixinais para que lle botedes unha ollada!

Temos un recompilatorio coas obras dos nosos artistas, para que vexades o que están a traballar!

 

Un saúdo!

 

Unha chea de cousas por aprender!

Bo día amigos e amigas,

hoxe querémosvos mostrar tres vídeos cos que pasalo moi ben e aprender coa nosa imaxinación.

En primeiro lugar, Xoel sabe un mundo de cousas, sobre todo, cousas sobre o mundo. Botade un ollo!

Lucía tira de imaxinación para deixar de ver unha caixa, e no seu lugar ver un...

E finalmente, Luna trae a receita para facer oobleck.

Mirade, mirade, isto non ten desperdicio!

ARTISTAS EN ACCIÓN #2

 

 

 

Un non parar de creacións!

Bo día amigos e amigas.

hoxe vimos cargadiños de cousas para vos amosar. En primeiro lugar temos un recompilatorio das creacións que os nosos artistazas están a crear nas súas casa, menuda imaxinación!

Con Martina podemos aprender a darlle un novo uso a unha caixa así como aprender xogos coas letras. Con Kevin repasamos as vogais, que nunca está de máis para ser bos lectores!

E finalmente, yes, of course! Con Enzo repasamos as cores en inglés axudándonos dos seus coches de xoguete!

Non paramos de crear!

Bo día amigos e amigas!

No día de hoxe traémosvos tres vídeos, no primeiro podemos ver a Kilian enredando coas cores mentres que no segundo, é un recompilatorio de moitas das cousiñas que todos os cativos están a facer nas súas casas. Que imaxinación!

Finalmente, Mia amósanos como facer unha marioneta ben chula! Podedes ver o teatriño que montou con elas no blogue da biblio http://abibliodefuco.blogspot.com/

A R T I S T A Z A S !

Boas amigos e amigas!

Hoxe querémosvos amosar que os artistazas do Pepe de Xan Baña segue a traballar e crear!

Mía amósanos como coida do seu horto así como toca o piano e nos bota uns bailes!

Xanaia mestura líguidos e cores para averiguar que pasa!

Con Martina imos aprender as bandeiras para recoñecelas ó viaxar e máis os diferentes tipos de galiñas que ela coñece!

E con Daniella imos aprender a facer debuxos fáciles e a repasar as cores en inglés, of course!

Un saúdo!

ARTISTAS EN ACCIÓN

Os nosos artistas non paran. Aquí podedes ver todo o que fixeron:

 

 

 

Enredos en tempo de corentena!

Bo día amigos, no día de hoxe queremos ensinarvos entre outras cousas, como Mía se volveu científica esperimentando coas cores, así como Lucía e Kilian se volveron resposteiros. Ela cun biscoito de laranxa, e el cunha tarta de quiexo! Para chuparse os dedos!

Ademais, temos un pequeno recompilatoro de fotos e videos sobre o que os nosos cativos e cativas están a facer nestes días de estar pechados na casa.

Agardamos sigades ben e unha aperta!

Uns artistas de primeira!

Boas amigos, que tal estades? Esperamos que vos vaia ben a todos. Na entrega de hoxe traémosvos unha recompilaciónz destes pequenos e pequenas artistas durante estas épocas de confinamento.

Ademáis, queremos mostrarvos os deseños que fixo a pequena Zoe para o conto que tedes colgado no blogue da biblioteca https://abibliodefuco.blogspot.com/

Un saúdo e a coidarse!

Distribuir contido


by Dr. Radut