Skip to Content

Consello escolar

Censos e calendario electoral para as eleccións ao Consello Escolar

 

Estimadas familias:

 

Queremos comunicarlles que, como xa se informou con anterioridade, tivo lugar o inicio do proceso para a elección de representantes no Consello Escolar. Informámoslles que xa están expostos os censos electorais dos distintos sectores (mestres/as, familias e persoal da administración e servizos) no taboleiro da entrada do noso Centro (no interior), para que poidades revisalos. Se houbera algún erro podédelo comunicar en Dirección antes do vindeiro 20 de novembro.

 

Hoxe, 12 de novembro, e ata o luns, 19 de novembro, ábrese o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores. As/os nais/pais que queirades presentar a vosa candidatura ao Consello Escolar, deberedes comunicalo na Dirección do Centro no prazo mencionado (do 12 ao 19 de novembro).

 

O calendario electoral aprobado pola Xunta Electoral poderá ser consultado na páxina web do Centro.

 

13-19

Presentación de candidaturas

20

Proclamación de candidatos/as

20

Sorteo compoñentes da mesa electoral, ás 16:30 horas.

21-22

Reclamación á proclamación de candidatos/as

23

Resolución reclamacións á proclamación de candidatos/as

26

Votación dos nais/pais do alumnado e PAS, de 16:30 a 18:30 horas, na Biblioteca.

27

Votación do profesorado, ás 16:45 na Sala de Profesores/as.

28

Reclamacións ás resolucións das mesas electorais

29

Resolucións reclamacións e proclamación candidatos/as electos/as

 

Reclamacións ante a Xefatura Territorial. 15 días hábiles desde a proclamación de candidatos/as electos/as.

 

 

Eleccións ao Consello Escolar

O vindeiro xoves, 8 de novembro ás 13:35 horas, terá lugar o sorteo público na secretaría do noso Centro, co fin de designar os membros que pasarán a constituír a Xunta Electoral encargada da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar.

Máis información no PDF que se xunta na ligazón anexa.

Información sobre sorteo público para constitución da Xunta Electoral para as eleccións ao Consello Escolar.    
Distribuir contido


by Dr. Radut