Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Nº2 da revista "OLLOS DE AULA"

 

Este é o número de novembro da revista editada pola CGENDL dirixida a todas as familias. 

O experto fala das "reválidas".

O tema do mes é "A entrevista das familias co profesorado".

E ademais: recomendación de libros, actos culturais para a axenda, e máis.

Non deixedes de botarlle unha ollada.

COMEZO DO CURSO 2013-14

O curso escolar 2013/14 comezará o mércores 11 de setembro ás 09:15 horas para todo o alumnado.

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO ESCOLAR

Premendo aquí podedes consultar o boletín de información ás familias

Melloramos a competencia en lingua galega

Ao longo do curso fomos espallando actividades que, xunto co traballo de aula,  lle serviron ao alumnado para ir mellorando a competencia na comunicación en lingua galega. Neste vídeo resumimos a maior parte delas.

sentímolo, flash non está dispoñible.

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI: DESPEDIDA DO CURSO

Neste programa, emitido o xoves 7 de xuño, participan as 5 escolas que fixeron programas ao longo do curso.


14:27 minutes (8 MB)

O traballo de 3º


No grupo de 3º recolleron o resultado do seu traballo nun documento que teñen publicado no seu blog: 

 http://terceiropazosdereis.blogspot.com.es/

O libro de 5º

Nos cursos do 2º e 3º ciclos de Primaria levamos unhas semanas traballando en galego sobre os deportes paraolímpicos. 

Aquí tedes o traballo elaborado polo alumnado de 5º, recollido nun libro dixital.

5 DE XUÑO DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Os nenos e nenas de 1º, 2º,3º e 4º curso subimos ao parque natural de Monte Aloia para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, invitados pola conselleria.
Fixemos a rúta do arboreto e estivemos no centro de interpretación.

ENTREVISTA A JOSE FONT E BETI REY

O xoves 31 de maio, nenos e nenas de 5º curso entrevistaron a Jose Font e Beti Rey no programa de radio de recomendación de libros. 

Os xornalistas contestaron ás preguntas sobre o seu traballo e tamén falaron das lecturas que lles gustan.


21:31 minutes (8 MB)

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI "ANIMAIS ENCANTADORES" CEIP CHANCELAS

 

  Título: Animais enCantadores

  Autor: Susa Herrera.

  Editorial: Primerapersona

  Animais Encantadores é un ambicioso proxecto musical infantil composto dun libro con dez simpáticos personaxes, representados con ilustraciones a todo cor, no que se  inclúen  letras e partituras das cancións, así como unha guía de propostas didácticas que farán disfrutar a nenos e nenas. O libro complétase co un cd coa interpretación das dez canción que protagonizan os personaxes do libro, un karaoke e un DVD para seguir as coreografías propostas por Susa Herrera na guía didáctica.


14:05 minutes (8 MB)

Xogo de pistas sobre Valentín Paz Andrade

Este ano o xogo de pistas levounos 2 días, empezamos o venres 18, tivemos que parar por mor da chuvia, e rematamos o luns 21.

 Este é o vídeo

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut