PONTE...NAS ONDAS! 2013
O venres 31 de maio celebrarase a XIX Xornada de Radio Inter-escolar PONTE…NAS ONDAS! .
A partir das 10:00h os programas de todos os centros educativos participantes quedarán colgados na web: www.pontenasondas.org á disposición de quen queira velos e/ou escoitalos. O lema desta xornada é PONTE…A BRINCAR! . Un ano máis participan centros educativos de toda Galicia e Portugal, e tamén haberá programas de escolas de Chile, Colombia, Brasil e Arxentina.
A parte técnica da emisión por internet correspóndelle á Universidade de Vigo a través da súa canle UVigo-TV.
A escola de Pazos de Reis participa cun programa elaborado por nenos e nenas de 4º e 6º co título de Ponte a xogar… Nel contaron coa participación de avós e avoas que viñeron á escola a compartir saberes e xogos con nós.