Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Audio

Progr5: Chancelas (5/12) - PALABRAS DE CARAMELO

TÍTULO:  Palabras de Caramelo

AUTOR:  Gonzalo Moure

EDITORIAL: ANAYA

RESUMO:  É un  libro  de  sentimentos. Un   neno  , que  se  chama  Kori,   vive  nos  campamentos de refuxiados do Sahara, e  ten  un camelo  que é   o seu mellor amigo,   chámase  Caramelo.

 

O  neno apuntaba todo no seu diario;  un dia escoitou que  o pobo ía  sacrificar a Caramelo porque non tiñan comida, entón  fuxiu  con el.

É un libro moi bonito!!


7:25 minutes (6.78 MB)

Progr6:As Covas (12/12) - PEQUENA MITOLOXÍA DE GALICIA

 

AUTORES:  X. Miranda, A. Reigosa e X. Cuba

 ILUSTRADORES: Irene F. Gálvez, F. Lorenzo, Enjamio e T. Novoa

 EDITORIAL: Xerais 

 

  Un libro para ler sobre lobos, biosbardos, sacauntos, e outros seres mitolóxicos que se moven pola nosa terra. 

   Os nenos e nenas d'As Covas  convídannos a ler este libro e a facerlles unha visita e coñecer os misteriosos personaxes que andan por Meaño. 

 

 


7:25 minutes (6.79 MB)

Progr7:Pazos de Reis (19/12) - ESCOLMA DE LIBROS PARA TODOS

Este é o programa no que o alumnado da nosa escola recomenda oito libros escollidos por eles para este Nadal; os títulos son os que aparecen aquí, as razóns dánnolas eles mesmos no programa de radio que se emitiu o xoves 19 de decembro.


13:28 minutes (12.34 MB)

Progr8: Nº2 de Tui (15/01) - PEDRO Y EL LOBO

   TÍTULO: Pedro y el Lobo

   TIPO de PUBLICACIÓN:  Cómic

   AUTORES: Versión de Miguelanxo    Prado sobre a historia de Sergei Prokofiev 

   EDITORIAL : Norma

   RESUMO: 

Pedro, un neno que vivía co seu avó no bosque, saíu  un día a pasear acompañado dun paxariño, pero  alí  estaba un gato que quería atrapalo para comelo. O  avó oíu  a Pedro  e chamouno, el volveu á casa e o avó  díxolle  que había un lobo moi perigoso e non debería saír. Pero Pedro saíu  outra  vez  ao bosque co paxaro porque  quería cazar ao lobo; o paxaro intentou  distraelo  mentres Pedro  collía  unha  corda   para cazalo. Menos mal que  os cazadores se enteraron, que perigo!  e foron  ata alí e disparáronlle ao lobo. Por fin libráranse do malvado lobo pero Pedro  sentíase  culpable, dáballe pena o animal.


7:00 minutes (12.83 MB)

Progr9: CEIP Vicente Risco (23/01) - AMEAZA NA ANTÁRTIDA

TÍTULO: Ameaza na Antártida

AUTOR: Ramón Caride Ogando

EDITORIAL: Xerais, Colección Merlín

Os protagonistas son dous nenos orfos, Said e Sheila, de catorce

 e doce anos que están vivindo no 2077.  Estes dous personaxes viven outra aventura ; todo comeza cando descobren unha estraña mortalidade peixes nun lago ao lado da súa casa, pronto descobren tamén que un multimillonario quere dominar o mundo facendo explotar bombas colocadas na Antártida.

Aos nenos e nenas do CEIP Vicente Risco de Vigo gustoulles moito.


8:20 minutes (7.63 MB)

Progr10: CEIP Chancelas- Poio(30/01) - UN TREN CARGADO DE MISTERIOS

TÍTULO: Un tren cargado de misterios

AUTOR: Agustín Fernández Paz

ILUSTRADOR:  Enjamio

EDITORIAL: Xerais – COLECCIÓN: Merlín

Unha  nena chamada Ana,  sempre mira pasar un tren, todos os días. Pero o tren non paraba porque onde vivía non había estación.

 

Un día o tren parou na súa casa e Ana subiu.O tren recorre  moitísimos  países e Ana desfruta da súa viaxe pero ten un misterio, o das Caixas Azuis;  para collelas ten que solucionar unhas adiviñas.


9:21 minutes (8.56 MB)

Progr11: CEIP Pazos de Reis - Tui (06/02) - DENTRO DOS COMICS

Un programa que inclúe fragmentos dunha entrevista realizada  no 2011 ao deseñador gráfico Juancho Castaño. 

 

A música é do álbume " O Año Pitaño" 

                    


8:31 minutes (7.8 MB)

Progr12: CEIP Pazos de Reis - Tui (13/02) – ESTÁS NA LÚA

TÍTULO:  Estás na lúa

AUTORA: Carmen Montalbán

ILUSTRADORA:  Pilar Millán

EDITORIAL: Kalandraka

 COLECCIÓN: 7 Leguas

Un libro que non ten moito que ver coa Lúa pero que se titula así porque á avoa da nena protagonista, Baraka, lle din “Estás na lúa” cando se esquece das cousas; e o avó ten o alcume de “O Lunático” porque sempre soñou  con ir á Lúa.

A canción da despedida é do disco “Bantu” de Aline Frazäo.


10:30 minutes (9.62 MB)

Progr13: CEIP Nº2 - Tui (20/02) – SOPA DE EUROPA

TÍTULO: Sopa de Europa

AUTOR: Rafael Ordóñez

ILUSTRADORA: Ximena Maier

EDITORIAL: Alfaguara infantil
COLECCIÓN: Serie Laranxa  

RESUMO: Os alumnos non sabían que ían ter unhas vacacións moi diferentes: participaran no concurso Coñeces Europa? e, como gañaran, tiñan de agasallo unha viaxe gratuita por Europa. Serán viaxes moi interesantes.

 




5:34 minutes (7.65 MB)

Progr14: Vicente Risco - Vigo (27/02) – CONTOS POR PALABRAS

TÍTULO:  Contos por palabras

AUTOR: Agustín Fernández Paz

EDITORIAL: SM  -    COLECCIÓN:  El barco de vapor

Son historias contadas a partir de anuncios por palabras publicados nos xornais.

Un libro orixinal e diferente que está traducido a varias linguas, entre elas o castelán e o catalán. 


6:02 minutes (5.53 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut