HIPÓTESE FANTÁSTICA

Marco o protagonista deste conto recibe como agasallo un cabaliño “balancín” que  o transporta coma unha nave espacial ao planeta das árbores de nadal, un mundo máxico onde todo é paz e felicidade e as cousas non son complicadas porque todos usan o sentido común.
“Que pasaría si...?” É a proposta que vos fago dende a biblio.  Que pasaría se ese agasallo tan desexado se convertese noutra cousa e sucedese algo máxico. Pensade nun dos agasallos que nos gustaría ou que nalgún momento nos trouxeron e pensamos en que podería convertirse ou suceder con el. Contámolo nunha ou dúas frases (mínimo). 


Última modificación: Martes, 8 de Decembro de 2020, 22:40