BENVIDOS Á AULA VIRTUAL

As profes explicaranvos como manexarvos dentro da mesma e diranvos cando debedes procurar tarefas e información para traballar. Temos dous titoriais para que coñezades as cousas máis importantes.

Os vídeos e cousiñas do Nadal ímolas deixar na categoría de  BIBLIOTECA "COUSAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE" por se alguén quere volver velas. 

SE QUEREDES ENSAIAR A CANCIÓN  QUE ESTAMOS PREPARANDO PARA A PAZ,  APOIÁNDOVOS COA VOZ EN CASTELÁN,  IDE Á BIBLIOTECA: "COUSAS DO SEGUNDO TRIMESTRE". O KARAOKE TÉDELO DISPOÑIBLE TAMÉN AQUÍ ABAIXO

IMOS INVITAR A TÓDALAS FAMILIAS A CANTAR CONNOSCO ESTA OU OUTRAS CANCIÓNS QUE FALAN DE AMISTADE E  DE COMPARTIR EMOCIÓNS. FARÉMOLO PRÓXIMAMENTE NUNHA CARTA ÁS FAMILIAS. MENTRES, OS QUE PASEDES POR AQUÍ SABEDE QUE PODEDES PARTICIPAR GRAVANDO UN VÍDEO CANTANDO EN FAMILIA UN FRAGMENTO DA CANCIÓN. TAMÉN PODEDES GRAVAR UNHAS IMAXES DE COUSAS "COMPARTIDAS" EN FAMILIA E POÑER UNHA CANCIÓN DE FONDO.

Xa sabedes o noso correo parrococamilo@gmail.com está sempre agardando as vosas cousiñas.