try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

MENSAXERÍA AbalarMóbil

AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos e fillas a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Pódese instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Google Play Store (se o sistema operativo é Android).
Con AbalarMóbil as familias dispoñeredes das seguintes funcionalidades:

• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
• Modificar o idioma da aplicación
• Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que tén como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.

 

MANUAL USUARIO ABALAR MÓBIL