try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

Quen somos?

O Departamento de Orientación foi creado no curso 2000-2001, ao ser nomeada a Xefa de Departamento de Orientación para o centro.

Integrantes do Departamento de Orientación:

  • Mestre/a de P.T.1 do C.E.I.P de Palmeira
  • Mestre/a de P.T.2 do C.E.I.P. de Palmeira
  • Mestre/a de A.L.1 do C.E.I.P. de Palmeira
  • Mestre/a de A.L.2 do C.E.I.P. de Palmeira
  • Coordinador/a de E.I. do C.E.I.P. de Palmeira
  • Xefa do Departamento de Orientación do C.E.I.P. de Palmeira.

 

Obxectivos xerais :

  • Analizar las medidas de Atención á diversidade postas en marcha no centro (A.C e R.E.)
  • Realizar estudios psicopedagóxicos dos alumnos que amosan n.e.a.e.
  • Fomentar accións colaborativas entre os mestres/as que atenden ao alumnado con n.e.a.e. apoiando a este profesorado.
  • Asesorar e ofrecer recursos á comunidade educativa que favorezan a posta en práctica de medidas organizativas e curriculares de Atención á diversidade que precisa o alumnado.
  • Desenvolver accións que melloren a adquisición de técnicas de traballo intelectual dos alumnos/as elaborando propostas aos titores/as.
  • Asesorar e ofrecer recursos á comunidade educativa que fomenten a tolerancia e a mellora da convivencia, con programas específicos de habilidades sociais, resolución de conflitos.
  • Promover a relación, interacción e cooperación entre os distintos membros da comunidade educativa, especialmente entre o centro e as familias.
  • Asesorar aos titores/as e ó profesorado en xeral na cumprimentación de documentación académica do alumnado, en especial do que recibe medidas de atención á diversidade, propoñendo as oportunas modificacións cando sexa necesario.
  • Colaborar no deseño dos criterios de avaliación e promoción do alumnado, asistindo ás reunións, e ás xuntas de avaliación .
  • Asesorar a toda a comunidade educativa sobre as posibilidades que ofrece o sistema educativo, facilitando a toma de decisións do alumnado .
  • Colaborar cos centros de formación e recursos, así como cos E.O.E. no análises de necesidades e de formación no campo da orientación
  • Elaborar bases de datos e recursos para a orientación educativa.

Actuacións prioritarias:

  • Establecer as liñas xerais de intervención na atención á diversidade:
  • Estudar as variacións de horario dos alumnos con n.e.a.e. con respecto ao ano anterior.
  • Especificar, contando co asesoramento por parte dos titores/as, que areas necesitan ser reforzadas en cada caso.
  • Deseñar o horario dos profesores de P.T. e A.L. atendendo ás orientacións dadas polos titores/as sobre o tipo de apoio que necesitan os alumnos con n.e.a.e.( apoio combinado dentro e fóra da clase).
  • Preparar entrevistas cos pais/nis dos nenos/as que xa estaban sendo atendidos en anos anteriores polas profesoras de P.T. e A.L. para valorar a evolución que tiveron e posibles actuacións.
  • Revisar e elaborar conxuntamente cos titores, si é o caso, as Adaptacións Curriculares.
  • Actualizar o Plan de Acción Titorial.
  • Propoñer os titores/as actividades a partir do P.A.T.
  • Propoñer e deseñar conxuntamente cos titores/as accións en técnicas de traballo intelectual (comprensión lectora, técnicas de estudio), resolución de conflictos...
  • Participar na recollida e tratamento de datos relevantes referidos á orientación.
  • Participar en actividades propostas polos Equipos Específicos.
  • Elaborar o Plan Anual que formará parte do Plan Anual do centro.
  • Elaborar o final de cada curso escolar a memoria do Departamento para que poda ser incluida na memoria do centro.