try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

Equipo Biblioteca

Durante este curso as profesoras e profesores integrantes do EQUIPO DE BIBLIOTECA DO C.E.I.P.P. DE PALMEIRA seguirán a traballar na mesma liña de anos anteriores pola consecución dos obxectivos que se propuxeron ao comezar este proxecto, hai xa máis de 14 anos:
- Xestionar técnicamente a Biblioteca Escolar  para proporcionar un recurso eficaz a toda a Comunidade Educativa.
- Dinamizar a Biblioteca Escolar, como Centro de Recursos da Información do Centro.
- Espertar nas nenas e nenos o desexo de ler e fomentar o hábito da lectura.
- Apertura da biblioteca á comunidade escolar

  
A Biblioteca estára aberta todo os luns, mércores e xoves, de 16:00 a 18:00, para toda a comunidade escolar. Nais e pais, avoas e avós, poderán acompañar aos máis pequenos para ler con eles un tempiño, levar libros en préstamo, consultar revistas e libros ou coñecer as últimas novidades en literatura infantil.
Amigos de Agapito
   
Os amigos de Agapito (antiguos alumnos/as) que necesiten utilizar os fondos da mesma para os seus traballos ou que queiran coller libros de lectura en préstamo tamén poderán visitar a Biblioteca.

biblioteca@ceippdepalmeira.net