try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

Presentación e Contacto ANPA

ANPA do CEIP Plurilingüe de Palmeira

650.199.162

anpapalmeira@hotmail.com

ANPA-CEIPP de Palmeira Rúa Moldes, 2 -15.959 - Palmeira -Ribeira - A Coruña

 

PRESENTACIÓN e SERVIZOS da ANPA do CEIPP de PALMEIRA

Queremos presentarnos e poñernos a vosa disposición para calquera cousa que poidades precisar. Somos pais e nais coma vos, que traballamos todo o ano de forma totalmente altruísta para representar e defender os dereitos dos nosos fillos/as e dos seus país/nais/titores legais, así coma ofrecer servizos que complementan a oferta actual do colexio. A ANPA ofrece e xestiona:

  • Servicio de Comedor escolar, de 14h a 16h, durante todo o ano escolar.
  • Servicio de Madrugadores, de 7h a 9h, durante todo o ano escolar.
  • Banco de Libros de texto, emprestando libros de 3º a 6º de primaria.
  • Actividades Extraescolares, dentro e fora do centro, de 16h a 18h, de outubro a maio e con descontos grazas ás subvencións que a ANPA solicita: Ballet, Inglés, Club Creativo, Parkour, Xadrez, Baloncesto, Tenis, Dance, Lingua de Signos, Ximnasia Rítmica, Ioga…
  • Actuacións e Obradoiros con contidos de gran relevancia social, culturais e educativos coma contacontos, maxia, música, teatro…
  • Viaxes e excursións de interese lúdico e cultural, para todo o alumnado, amigos e familia.
  • Escola de familia: charlas e talleres dirixidos a pais, nais e demais familia, con temas de interese dentro da familia e a comunidade educativa.
  • Descontos para os nosos socios e socias nas tendas, ximnasios, academias e outro establecementos asociados á ANPA.
  • Colaboramos con outras Asociacións que proporcionan servizos na nosa zona: Asociación TDAH Salnés, Asociación Galega de Afectados polo LUPUS (AGAL), AECC,...
  • Participamos nos premios do Certame de curtas de Alberto Romero.
  • Proporcionamos representación dos pais e nais ante o Consello Escolar do colexio.
  • Contamos con Seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes para os nosos socios/as en tódalas actividades que realizamos e xestionamos.
  • Pertencemos e traballamos coa Federación de ANPAS (FEDAPA) e por defecto coa Confederación de ANPAs de Galicia (CONFAPA-GALICIA) e de España CEAPA.
  • Cumprimos coa legalidade vixente en materia de protección de datos (LOPD), libros, rexistros e no estado de contas, sempre a vosa disposición, cumprindo cas obrigas que a lei e os Estatutos nos impón.
  • Facemos unha Asemblea Xeral de socios ordinaria no mes de setembro, onde presentaremos os servicios, actividades, actuacións e propostas para o ano escolar que comeza. E outra Asemblea Xeral ordinaria no mes de xuño, coa memoria de todo o feito durante o curso e coa aprobación das contas da Asociación.

A ANPA mantense grazas ás cotas dos Socios: podedes facervos socios por 20€ familia/ano.
En efectivo no local da ANPA, solicitando cita previa, ou preferiblemente mediante transferencia bancaria ao numero de conta ABANCA ES87 2080 0340 76 3040001334
Para a atención persoal no local da ANPA debedes solicitar cita previa (debemos evitar aglomeracións ou concorrencias nos corredores) no teléfono 650199162 por whatsapp ou por correo electrónico anpapalmeira@hotmail.com
Agardamos que todos e todas poidamos desfrutar do especial ano escolar que da comezo.

Un saúdo,

PAZ GONZALEZ RIOBÓ (Presidente)

JUAN LUIS FURONES RAMOS (Vicepresidente)

ISABEL GARCÍA CASTAÑO (Secretaria)

ASUN GUILLÁN SAMPEDRO (Tesoureira) MAIKA GARCÍA PAZ (Vogal)

ISABEL RICO GARCÍA (Vogal)

Xunta Directiva ANPA do CEIPP de PALMEIRA

 

 

Carta presentación da ANPA