try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

Plan Madruga

O Plan Madruga é un servizo creado para axudar ás familias a conciliar mellor a súa vida laboral co horario escolar dos seus fillos/as, ampliando a apertura do colexio antes do horario lectivo do mesmo. O horario vai dende as 7:00 horas ata as 9:00 horas e é xestionado pola ANPA.

Servizos:

  • Atención do neno/a ata a entrada ao colexio.
  • Elaboración de menús diarios saudables e equilibrados material de xogo e programa de actividades lúdico-educativas.
  • Persoal especializado.

Obxectivos do programa:

Educación para a saúde:

  • Promocionar unha alimentación variada e equilibrada
  • Potenciar o gusto pola variedade de sabores e o consumo de froitas frescas.
  • Poñer en práctica as normas hixiénico-sanitarias básicas.
  • Uso adecuado dos utensilios e mantemento de posturas correctas na mesa.

Educación para a convivencia:

  • Fomentar o espírito de cooperación entre compañeiros/as nas tarefas do almorzo.
  • Lograr un comportamento correcto na mesas e crear un ambiente de diálogo e boa convivencia de grupo.

Educación para o lecer:

  • Planificar actividades lúdicas que contribúan ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas.

Na actualidade este servizo é prestado pola empresa Xardín Ventureiro.

A empresa Xardín Ventureiro é a encargada deste servizo no noso centro. Para a súa utilización deberanse poñer en contacto coa ANPA, podendo asistir todos os días ou de xeito esporádico.

 650.199.162

anpapalmeira@hotmail.com

 

Normativa do servizo de Madrugadores 2020/21