ADMISIÓN E MATRICULA DE NOVO ALUMNADO

En virtude do disposto na RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020,

Informamos do seguinte:

 

1. ADMISIÓN DE ALUMNADO

  •  Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado, dende o 11 ata o 18 de maio
  • Para lembrar a documentación a presentar acceder aos arquivos adxuntos ao final desta información.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitvas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020

 

EXCLUSIVAMENTE PARA A REALIZACIÓN DESTE TRÁMITEo centro permanecerá aberto dende o 11 de maio, luns, ata rematar o proceso en horario de 10:00 a 13:00 h.

Prégase a toda persoa que se achegue ó Centro para a entrega de documentación cumpra coas medidas de seguirdade e protección contra o Covid-19 establecidas pola Consellería de Sanidade.

 

2. MATRÍCULA DE NOVO ALUMNADO

  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 de xullo de 2020

 

 

3. DOCUMENTACIÓN A APORTAR COA SOLICITUDE.

  • ANEXO II (PROCESO ED550B)
  • DNI SOLICITANTE.
  • LIBRO DE FAMILIA OU DNI DO ALUMNO.
  • SENTENCIA DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO DE SER O CASO.

Powered by Drupal - Design by artinet