Actividades

Grabación do videoclip en Cortegada

Este sábado 20, grabamos a parte do vídeo, do videoclip no que levamos traballando todo o curso.

Xa queda pouco para que saia do forno... Guay

 

Charla da Garda Civil

Este venres, a Garda Civil acudiu ao noso cole. Fixeron unha demostración cos cans, e montamos nas súas motocicletas. Despois, pais e nais, e o alumnado de 4º, 5º e 6º tiveron unha charla sobre malos tratos e outros temas de interese.

Preme na imaxe para ver as fotos do día.

Nunca sen almorzo

Hoxe tivemos unha charla sobre o importante que é unha boa alimentación e hixiene, e tivemos un almorzo saudable no comedor do cole. A parte tivemos a visita de moitas nais e pais que tamén se uniron á charla e ao almorzo.

Preme na imaxe se desexas ver as fotos

 


Powered by Drupal - Design by artinet