Blogues

Acceso aos libros dixitais

Bo día.

Aqui vos deixamos o proceso para ter acceso aos libros de SM.

Cada neno terá a súnico clave que lle será facilitada polos mestres en privado.

Se queres baixar a app:

Para IPad: https://apps.apple.com/es/app/smsavia/id901856955

Para Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.conecta.sm&hl=es

 





Materiais para esta semana.

Bo día!

Imos compartir mateirais por curso para que poidades traballar cos vosos nenos dende as casas. Todos estes traballos son aconsellables, non obrigatorios nin avaliables ata que a Consellería nos indique o contrario.

Cada curso ten a súa carpeta, picade no enlace e iredes vendo.

Iremos actualizando, así que tedes que revirar os enlaces cada certo tempo.

O Concello de Cortegada ofreceuse a imprimir as fichas daqueles alumnos que non dispoñan de medios para facelo. Os que teñades impresora na casa, por seguridade, usádea.

Tamén vos lembramos que na parte dereita desta web atoparedes "Xogos Educativos" onde hai moitas actividades de reforzo por curso e materia.

Moitas gracias.

Esperamos vervos a todos pronto.

Unha aperta o Claustro de Cortegada.

 

Educación Infantil

 

Primeiro de Primaria

 

Segundo de Primaria

 

Terceiro de Primaria

 

Cuarto de Primaria

 

Quinto de Primaria

 

Sexto de Primaria

Axudas para as familias. Comedor Escolar.

Estimadas familias:

A Consellería de Educación acaba de anunciar axudas para os usuarios gratuítos por que pagan 1 euro do Comedor.

Para solicitalas  teredes que cubrir o anexo  ED601B que se atopa ao final deste enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200330_comedores.pdf

Todo debe presentarse na sede electrónica.

Aquí: 

 https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED601B&ano=2020&numpub=1&lang=es

 

Tan só se pode presentar pila sede electrónica ata o 6 de abril (inclusive)

As axudas son:

2'50€ para as familias que temen o comedor gratuíto.

1'50€ para as familias que pagan 1€ polo comedor.

De momento as axudas daranse para 28 días lectivos.

Para cualquiera dúbida estaremos dispoñibles no teléfono do director que todos tedes.

Un saúdo: Anxo.

Aplicación Zoom.

Bo día familias!

Como sabedes estamos a poñer en práctica a aplicación Zoom para poder facer reunións con vós e clases cos vosos fillos.

A continuación deixamos uns enlaces para facilitarvos o traballo.

Lembrade que canto máis grande sexa a pantalla, mellor.

Cartel

 

Para PC Windows: 

https://downloads.digitaltrends.com/zoom/windows

Para Iphone/Mac/Ipad:

https://apps.apple.com/us/app/id546505307

Para tablets e móbiles Android:

https://play.google.com/store/apps/details?id=us.zoom.videomeetings

Reto para lavarse as mans. Educación Infantil.

Aquí vos vai un pequeno pero importante reto.

Pincha no adxunto da dereita.

Saúdos: A profe Silvia. 

Powered by Drupal - Design by artinet