Blogues

Cine en 3D-Leiro

O pasado Luns 28 de outubro fomos a ver a película de "Turbo" a Leiro, en 3D, e pasámolo xenial!

Preme aquí para ver as fotos na galería de imaxes

FOLGA NO ENSINO 24 DE OUTUBRO 2013.

Estimados pais:

O vindeiro 24 de outubro, xoves, hai convocada unha xornada de folga no ensino galego dirixida a todos o sectores: alumnado, profesorado e responsables do alumnado.

A maioría do Claustro secunda esta folga coma protesta contra a implantación da LOMCE.

Haberá servizos mínimos consistentes nun mestres do Claustro, cociñeira e transporte

Sentimos as molestias que poidamos causar, e esperamos, coma sempre, o voso apoio e comprensión.

Se queredes saber máis acerca da LOMCE podedes facelo aquí: LOMCE

SAÚDOS: O CLAUSTRO DO CEIP OTERO NOVAS.

Comedor

Aviso a pais e nais.

 

Tódolos pais e nais que estean dispostos a facerse cargo do comedor escolar para o curso 2013-2014 deben porse en contacto co Centro canto antes.

 

Teléfono do Centro: 988 48 31 17

Powered by Drupal - Design by artinet