Skip to Content
A finalidade do CEIP Os Muíños é fomentar a creatividade e o espíritu crítico no alumnado, para acadar o éxito escolar a través dun enfoque innovador, colaborativo, compensador de desigualdades e inclusivo, que favoreza un clima saudable e seguro e o compromiso de toda a comunidade educativa.

Como este ano o tema do Proxecto Documental Integrado é o mar, a primeira saída cultural do curso foi ao Museo do Mar de Fisterra

O martes 29 de novembro os grupos de 1º, 2º e 4º EP achegáronse á vila mariñeira para aprender algo máis do tema que nos ocupa e, sobre todo, para aprender a "Amar o mar".


Os días 15 e 16 de novembro recibimos no colexio a Amicos, unha asociación de Boiro que traballa con persoas con discapacidade intelectual. É a segunda vez que se achegan ó noso centro para ofrecernos unha actividade que, nesta ocasión, estaba relacionada co noso Proxecto Documental “Amar o mar”

 

A actividade consistía nun xogo “O lixo mariño” no que a través de preguntas de coñecemento, reciclaxe, adiviñas, bailes, cancións, resolución de enigmas etc, os participantes superaban probas avanzando por un taboleiro ata chegar á meta: Un mar limpo!

 

Moitas grazas, Amicos, por facernos pasar un rato tan agradable!

 


Informamos de que todas as familias que recibiron o vale de 50 € para a axuda da adquisición de material escolar, poden recoller outro vale adicional de 25 € na secretaría do centro en horario de atención ao público:



HORA

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

10.00 a 10.55

 

              

 Dirección

   

 

10.55 a 11.50

 

Dirección

 

 

 

12.10 a 13.00

 

 

 

 

 

14.30 a 15.40

 

 

 

 

 

15.40 a 16.30  

Secretaría

 

 

Secretaría

 

 

Este vale adicional deberá empregarse na librería/establecemento antes do 1 de decembro preferentemente.


O comedor do noso colexio participa no Programa Ecocomedores organizado por Menjadors Ecològics e o GDR Costa da Morte. O vindeiro sábado 15 de outubro celebraranse no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso unhas Xornadas de sensibilización con cociña e produción para fomentar os menús saudables e sostibles máis alá dos comedores escolares.

 

Ó longo desa Xornada, e en horario de 13.30 a 14.30, haberá unha Degustación de menús elaborados por chefs de colectividades da Redchef 2030, na que poderán participar as familias da nosa comunidade educativa. Se así o desexan, poden formalizar a súa inscrición cubrindo este formulario: https://forms.gle/hz5C356dKTvRpeKg7

 

Animámosvos a todos e todas a que participedes!


Infomamos que o comezo das clases para Infantil e Primaria é o xoves 8 de setembro no horario habitual:

Entrada: 9.30 h (O centro permanecerá aberto desde as 9.20 h para a incorporación paulatina do alumnado)

Saída: 14.30 h

Comedor: de 14.30 a 15.30 h

Lémbrase que o uso da máscara no transporte escolar é obrigatorio.


Informamos que o vindeiro martes 6 de setembro terá lugar a primeira reunión colectiva coas familias do alumnado de Educación Infantil.

Celebrarase ás 12:00h nas aulas de Educación Infantil do centro. Accederase pola porta principal do edificio (onde se atopa a conserxería), unha vez alí cada titor/a pasará lista e, posteriormente, iremos para a aula de infantil que corresponda. 

Pregamos que só asista unha persoa (pai/nai/titor/titora) por alumno/a e que traian unha foto actual tamaño carnet do seu fillo ou filla.


ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP OS MUÍÑOS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2022-2023.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2022-2023, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 7 de setembro de 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2022.

Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas

listas.


Informamos que xa están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares no curso 2022-2023. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o anexo II (Modelo de autodeclaración) con todos os datos relativos á súa renda (2021), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.

 

Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlacehttps://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

Lembren que o servizo será gratuíto nos seguintes casos:

1).-Alumnado pertencentes a unidades familiares en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais.

2).-Alumnado en situación de acollemento residencial ou familiar.

3).-Alumnado cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ó 33%.

4).-Alumnado pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou violencia de xénero acreditada documentalmente.

5).-Alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda familiar anual neta per cápita igual ou inferior a 7.000,00€.

 

As familias que se atopen nos supostos 1 a 4 do apartado anterior non precisan cubrir o anexo II sempre que presenten a documentación acreditativa.

 

Tramitación

  • O Anexo II pode descargarse no seguinte enlace:

           Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións

          Tamén se pode recoller na entrada principal do colexio desde o 30 de xuño ao   8 de xullo, de 10.00 a 13.00 h (Non se necesita cita previa).

  • Entrega do anexo II:

Por correo electrónico (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal) desde o 1 de xullo ata o 7 de setembro.

Presencialmente na secretaría do centro desde o luns 4 ata o venres 8 de xullo, de 10.00 a 13.00h (Non se necesita cita previa).


Lembren que o prazo remata o día 7 de setembro de 2022.


Estimadas familias:

 

Informamos de que xa está aberto o prazo de solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º EP), de axudas para adquirir  libros de texto (1º e 2º EP) e material escolar (EP e EE) para o curso 2022-2023. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

 

- ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 21-22 (agás o alumnado de 1º e 2º EP)

- ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 € (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000 € (para material escolar). A renda será a do exercicio 2020.

 

Documentación a achegar:

-Solicitude cuberta preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

No caso de tramitalo a través do centro educativo:

-Solicitude (anexo I) que poderán descargar neste enlace, ou recibila a través do alumnado se a solicitan por medio da axenda.

-Entrega da solicitude cuberta. Preferiblemente escaneada e enviada ó correo electrónico do centro (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal). En caso de entregala presencialmente, deberán facelo en horario de dirección ou secretaría.

MAIO 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

15.40 a 16.10

10.55 a 11.50

10.05 a 10.55

10.05 a 10.55

 

XUÑO 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

13.40 a 14.30

10.20 a 11.10

9.35 a 10.20

9.35 a 10.20

 

-Copia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar (Se non houbo variacións con respecto ó ano anterior, non é preciso aportar a copia porque xa se dispón dela no centro)

-No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2020 non coincide coa actual poderá presentarse sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou de ser o caso convenio regulador onde figure a custodia; certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.

-Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

O prazo para a entrega da documentación será ata o 22 de xuño de 2022.


O alumnado de 5º e 6º de Primaria continúa no Proxecto E-dixgal quedando exento das axudas para a

adquisición de libros de texto xa que disporá de libros gratuitos en formato dixital.


Informamos que desde o día 1 ata o 21 de marzo, está aberto o prazo de admisión do alumnado para o curso 2022-2023. 

 

A solicitude de admisión deberá presentarse no centro docente indicado como primeira opción, de xeito manual ou a través da aplicación admisionalumnado.

 

Poderán descargar a solicitude desde esta mesma web premendo enriba do enlace que aparece no bloque da dereita (Admisión curso 2022-2023) ou tamén poden recollela na secretaría do centro nos seguintes horarios:

-Luns: de 15.40 a 16.30 h.

-Martes: de 10.55 a 11.50 h.

-Mércores e xoves: de 10.05 a 10.55 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut