try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

Programa "Froita na escola"- 2 semanas

Queridas familias:

Agardamos que todo vaia ben polos vosos fogares!

Dende hai varios anos, este centro participa no programa FROITA NA ESCOLA, para fomentar  merendas saudables no centro e por conseguinte unha mellora na alimentación (recordade que debemos tomar 5 pezas de froita e verduras ao día)

Este programa consiste en merendar na escola durante 10 días lectivos unha peza de froita. Neste caso será plátano, mazá e pera (2 días plátano, 2 días mazá e 1 día pera, durante 2 semanas). Pensamos en pedir froitas de peza única,  que non se poidan compartir dada a situación que estamos a vivir. 

É por iso que comezaremos o luns con estas merendas, polo que non será necesario que traian a súa. Grazas!