try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

Semáforo COVID

Atopamos na rede un cole que fixo un semáforo COVID e pareceunos unha idea fantástica para poñelo na nosa web! Así sempre estaredes informados do que ocorre no cole.

O noso semáforo estará sempre visible na páxina principal do CEIPP os Casais. Deste xeito, as familias poden  saber a situación sanitaria do centro. 

Semáforo verde= non hai casos positivos. Normalidade

Semáforo amarelo= detectado no centro, un caso dubidoso con síntomas compatibles, pero sen confirmar, á espera de PCR

Semáforo vermello= casos positivos, aillamento parcial ou total (neste caso avisarase ás persoas implicadas como contactos directos, de forma privada e segundo o criterio que determinen as autoridades sanitarias

Grazas pola vosa colaboración!