QUEDA ADIADO POLA SITUACIÓN ACTUAL DE PANDEMIA
INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO ELECTORAL PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2020
Qué é o Consello Escolar?
É o órgano de participación de todos os sectores que dun ou outro xeito participan no colexio, e dicir pais, nais, profesoras, equipo directivo, persoal non docente (limpadores, conserxe...) e representante do Concello.
Coa LOMCE o Consello escolar pasa a ter competencias como: avaliar, coñecer, proponer e promover diferentes asuntos do centro, así como informar. A composición do mesmo será a seguinte: 2 pais (un deles proposto directamente pola ANPA e outro elexido por votación), 2 mestres (elexidos polo claustro en votación) e un representante do concello.
Cómo participar nel?
A participación é democrática polo que para formar parte del hai que celebrar unhas eleccións e seguir un proceso (publicar censos, presentar candidaturas, respectar prazos para posibles reclamacións etc.) Cada dous anos renóvanse a metade dos membros. Neste curso toca renovar ao pai/nai proposto pola ANPA e a un mestre.
Cómo é o proceso electoral?
Faise un sorteo para formar una Xunta Electoral que se encargará de velar por garantir un proceso correcto, elaborar o calendario etc. Todo seguindo a Resolución do 30 de setembro de 2020 da Secretaria Xeral de Educación, Formación Profesional (DOG do 8 de outubro)
O mércores 28 de outubro ás 11:35 horas celebrarase o sorteo público dos membros da Xunta Electoral, que será o inicio deste proceso.
A Dirección