try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

5 a 9-2-24 Obradoiro de consumo e Entroido 2024

Entroido 2024!

Xa está aquí! Xa chegou o entroido dos Casais!!!

O luns 5 participaremos  nun obradoiro de consumo responsable da man da Consellería de Consumo da Xunta.

E por outro lado co  fin de facilitar a organización das familias adiantamos os mandadiños coas cousas que teñen que traer ao longo da semana do entroido

(moi importante: será acumulativo, é dicir, cada día traeremos o dese día máis o do anterior, menos venres).

Este ano o noso meco "Don Pachorro" irá contando cada día que traer.

O venres 9 viremos disfrazados ao completo, pero da temática escollida polos nenos e nenas: deportes.

 

Recordade que non valen disfraces comprados integramente, se non con cousas que atopedes por casa, elementos doutros disfraces, roupa vella ou prestada... Botádelle imaxinación!

E unha petición dos nenos/as: o ano pasado, por fin algunhas familias viñeron buscar ao alumnado disfrazadas e a rapazada gozou moito, así que ese venres vide buscalos disfrazados tamén!!!!Quen se anima????

Luns 5: Pintadas de cores, as uñas traerás e un arco da vella parecerás.

Martes 6: Lentes has de traer, e se xa as levas divertidas as tes que poñer (máis as uñas pintadas)

Mércores 7:Zapatos tuneados traerás e a todo o cole divertirás (máis uñas pintadas e lentes)

Xoves 8: Pelos modernos traerás ou un peiteado orixinal, dálle á túa cabeza e quedarás excepcional! (máis uñas pintadas, lentes e zapatos tuneados)

Venres 9: Día da festa do Entroido: teredes que vir disfrazados de deportistas. Reiteramos que non valen disfraces comprados integramente, se non con cousas que atopedes por casa, elementos doutros disfraces, roupa vella ou prestada...

Confirmaremos por abalar  a hora do desfile.

Volveremos ás aulas o xoves 15 de febreiro.