Estampacións de follas naturais

Na clase de Plástica realizamos estas bonitas láminas coa técnica da estampación, que consiste na impresión sobre o papel empregando follas naturais de distintas formas e cores, para o que empregamos témperas e cartolinas brancas. Despois de deixalas secar, colocámolas na porta da aula como decoración.