Skip to Content

Protocolo seguro deportivo programa Xogade

Asegurados:

Persoas con idade comprendida entre os 6 e 16 anos (ambos inclusive), inscritas nas distintas actuacións do Programa Xogade:

• A actividade deportiva escolar (incluídos os programas puntuais como “Xogando coa auga e co vento”, “Xogando co atletismo”, “Multixogo 6 a 8”, “Actividades de promoción”...)
• A actividade federada das federacións adheridas.

Deberán ter cumpridos os 6 anos e perderán a condición de asegu- rados unha vez cumpridos os 17 anos, con independencia da vixencia da póliza, da vixencia da súa licencia ou da actividade practicada.

Ámbito da cobertura:

• Actividade deportiva escolar:
Terán cobertura as actividades de Xogade publicadas e os adestra- mentos supervisados durante o calendario escolar.

• Actividade federada:
Terán cobertura os adestramentos supervisados por persoal cualifi- cado e as competicións oficiais organizadas durante a vixencia da licenza federativa do deportista e que formen parte dos calenda- rios de actividade da federación correspondente.

Como proceder en caso de accidente deportivo?

No caso de precisar asistencia médica derivada dun accidente deportivo, en función do nivel de urxencia procede- rase do seguinte xeito:

Urxencia vital (aquela que implica risco de morte ou secuela funcional grave para o doente en caso de non recibir atención médica inmediata):

Acudir ao servizo de Urxencia máis próximo e comunicar o sinistro nun prazo de 24 horas.

Urxencia non vital:

1. Comunicación de accidente:
Deberán comunicar o accidente antes de acudir a ningún centro por unha destas dúas vías:

Teléfono de asistencia: 881 850 087 – Tras facilitar á Xestora Médica os datos do lesionado e circunstancias do accidente, indicaraselle o centro médico ao que acudir para recibir a primeira atención médica.

Vía telemática a través da plataforma: https://partesxogade.es tras a recepción da comunicación de sinistro, recibirá unha confirmación de apertura. Un tramitador de Gerosalud contactará telefonicamente á maior brevidade para indicárlle o centro médico ao que acudir.

2. Continuidade asistencial:

Tras a primeira asistencia será necesario cumprir os seguintes requisitos:
Que a entidade que inscribiu ao deportista 
certifique o accidente na plataforma de Xogade

(https://inscricion-xogade.xunta.gal). O prazo para dito trámite é de 7 días.
Que os titores legais autoricen a xestión de datos do menor a través dunha mensaxe que recibirán no seu

teléfono móbil.

Que se envíen os informes médicos nos que conste a prescripción de tratamento, rehabilitación, probas diagnósticas, cirurxía/ingreso hospitalario, etc. O lesionado ten á súa disposición o correo

xogade@gerosalud.es e o portal https://partesxogade.es
Calquera acto médico, a excepción da urxencia vital, deberá contar coa autorización previa e deberá realizarse

nos centros adheridos ao cadro médico.
A práctica deportiva en situación de baixa médica, será motivo de interrupción do proceso asistencial.

• Cobertura odontolóxica:

Será necesaria a comunicación e certificación do accidente.
Para a avaliación da cobertura, requirirase un informe odontolóxico.
A asistencia poderá tramitarse ata o límite de cobertura (250 euros) ou o 50% se o importe é superior a 600 euros.

• Adquisición de material ortopédico:

No caso de ser necesaria a adquisición de material ortopédico para a curación dun accidente ou lesión deportiva, e sempre que o prescriba un facultativo do cadro médico da compañía, cubrirase o 70% do seu custo.

Será preciso achegar a factura, acreditación do pago da mesma e certificado de titularidade da conta bancaria na que se quere recibir o ingreso.

• Asistencia no estranxeiro:

As saídas ao estranxeiro deberán ser comunicadas con 7 días de antelación no correo electrónicodeporte.escolar@xunta.gal mediante o formulario específico que se pode descargar na páxina web e na aplicación de Xogade.

En caso de producirse unha lesión en Portugal, deberase contactar telefonicamente (0034881850087) para a asignación de centro médico (salvo urxencia vital).

No resto de países, a cobertura realizarase por reembolso ata a contía máxima de 6.000€.

Para xestionar unha solicitude de reembolso ou para continuar coa asistencia en Galicia deberase comunicar o sinistro e aplicarase o mesmo procedemento descrito para a tramitación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contacto para dúbidas, seguimento, queixas:

881 850 087 xogade@gerosalud.es https://partesxogade.es

Para reclamacións formais poderán remitilas á aseguradora SURNE (asistencia@surne.es)

AdxuntoTamaño
PROTOCOLO SEGURO DEPORTIVO XOGADE.pdf119.74 KB


page | by Dr. Radut