Skip to Content

EDIXGAL (NOVAS E INFORMACIÓN)

Dende a coordinación do Edixgal poñemos á vosa disposición unha serie de recursos e información de interese para tódalas familias participantes, premede sobre o seguinte texto co fin de acceder:

- Folleto informativo para as familias.

- Páxina web con toda a información do proxecto.

- Manual para facer o seguro (este curso chámase Servicio Integral de Reparación).

Neste manual tendes toda a información para facer o seguro este ano. Faise mediante o rexistro na seguinte páxina web: 

https://coberturasir.plexus.es/

 

O alumnado, familias e profesorado que sexan usuarios da educación dixital E-Dixgal teñen á súa disposición un Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento. Este servizo ten como obxectivo dar solución, case de xeito inmediato, a calquera tipo de problema ou dúbida que poida xurdir. Este servizo está activo a través dun canle telefónica (24x7) durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:

 - A través do número de teléfono 881 86 99 00

 - De xeito remoto a través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal

 - A través do WhatsApno número 604 06 78 56.

 - A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal.

 

AdxuntoTamaño
ManualCoberturaSIR_Familias_ga_21-22.pdf755.45 KB


page | by Dr. Radut