Rúa Canónigo Valiño, s/n,

 36700 Tui, Pontevedra

TELÉFONO: 886 110 812

TELÉFONO/FAX: 

886 110 813

MÓBIL: 658 227 318

ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

Navegación

Iniciar sesión

ADMISIÓN ALUMNADO

IMPORTANTE: NOVAS NO PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes 

Aplicación de xestión das solicitudes de admisión:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN

-Orde do 12 de marzo de 2013.

-Decreto 254/2012, do 13 de decembro.

-Orde do 25 de xaneiro de 2017.

INFORMACIÓN IMPORTANTE:

-Presentarase unha única solicitude no centro que solicita praza en primeiro lugar.

-O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

-O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión nun centro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

-A reserva de praza para o curso seguinte para alumnos e alumnas que xa están matriculados no centro, farase directamente desde o colexio sen que os pais e as nais teñan que facer ningún trámite.