Novas do coro, Coro Cantemos, Novas

ESTREA DO NOVO CORO INFANTIL E XUVENIL CANTEMOS

ESTRENO DO NOVO CORO INFANTIL E XUVENIL “CANTEMOS”

 

 

O coro “Cantemos” está  coorganizado polo O.Vocal “ A Vila” e o Colexio Nosa Sra. dos Remedios, ambas institucións pertencentes á vila de Ponteareas.

Esta organización conxunta ven dada pola longa tradición musical coral deste colexio, que xa hai 40 anos contou coa súa propia  formación e que gravou un CD de panxoliñas, “Nadal Galego”, todo un referente das festas navideñas en toda a comunidade galega e aínda comercializado a día de hoxe nas grandes superficies comerciais.

Iniciou a súa andaina o pasado mes de outubro coa intención de  formar a novos cantores dende a súa base. Está formado por 44 coralistas de idades comprendidas entre os 7 e os 16 anos. Ademais de dar saída aos cantores do coro CEIP Nosa Sra. dos Remedios que rematan a E. Primaria, acolle a rapaces/as de tódolos centros de Ponteareas que desexen iniciarse no canto coral e na formación vocal.

O 3 de novembro levou a cabo o seu primeiro concerto no Theatro Circo en Braga, capital das Xuventudes europeas, no certame  “Voices of a T"Y"meline”  xunto con outras formacións xuvenís portuguesas., unha experiencia moi gratificante para o grupo.

Na actualidade está a preparar o repertorio de Nadal  que estrearán nun concerto conxunto co O.V. “A Vila” o vindeiro 22 de decembro no Auditorio Reveriano Soutullo.

 

O coro Cantemos está dirixido por Ruth Barros Abalde e conta con Andrea Iglesias Carracedo  como pianista acompañante.

 

Aínda se admiten novas voces para este proxecto. Os interesados/as poden dirixirse a : presidente@obradoiro-vocal-a-vila.es ou , ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.es.

 

 

 

 

CONCERTOS DE NADAL DO CORO DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

CONCERTOS DE NADAL DO CORO CEIP NOSA SRA. DOS REMEDIOS


 


No mes de abril de 2011 ponse en marcha o coro do CEIP Nosa Sra. dos Remedios de Ponteareas. Na actualidade conta  con 150 voces de nenos/as entre 6 e 12 anos alumnos/as do propio centro escolar. 


Este Nadal realizarán un concerto no Auditorio Reveriano Soutullo o venres 14 de decembro. 


Así mesmo, e tras quedar finalistas o pasado ano no 46 Festival de vilancicos organizado por Novacaixagalicia ,este ano participarán novamente o sábado 15 de decembro interpretando no seu programa Oh! Noche hermosa e A la orilla del río, Ímonos xa pra aldea e Deck the Halls.

INFORMACIÓN DO CORO CANTEMOS

No ficheiro adxunto vai información sobre a actividade extraescolar do Coro Cantemos que se inicia neste curso no colexio.

BOLETÍN DE INSCRICIÓN PARA A ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR CORO CANTEMOS

Pinchando no ficheiro adxunto podes descargar o boletín de inscrición para a actividade extraescolar do Coro Cantemos que se iniciará en outubro no CEIP Nosa Señora dos Remedios baixo a xestión da Asociación do Obradoiro Vocal "A Vila" en colaboración co colexio.

ACTUACIÓN DO CORO DO COLEXIO NO ENTROIDO 2012

Pinchando no seguinte enlace poderá ver a actuación do coro do CEIP Nosa Señora dos Remedios durante o Entroido 2012 no colexio:

http://www.youtube.com/watch?v=OGXp5YRsKVU&feature=youtu.be

CURRÍCULUM DE IRIA RGUEZ CUEVAS QUE IMPARTIU O I CURSO DE TÉCNICA VOCAL INFANTIL DO CORO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

 

Iria Rodríguez Cuevas

Natural de Ponteareas, inicia os seus estudos musicais na especialidade de Piano no conservatorio da súa vila natal. A súa etapa como membro da Coral Polifónica da Escola de Música de O Porriño, coa que protagoniza actuacións por toda a xeografía española e no estranxeiro así como o rexistro de varios traballos discográficos, influirá definitivamente na que será a súa verdadeira vocación: o canto.

No ano 2001 ingresa no Conservatorio Profesional de Música de Vigo onde obtén o Título Profesional na especialidade de Canto. Continúa a súa formación no Conservatorio Superior de Música de Vigo e, baixo a tutela de Teresa Novoa, remata os seus estudos superiores con altas cualificacións. Asimesmo, asistiu a diversos cursos de interpretación vocal como os impartidos polos mestres Miguel Zanetti, Jorge Robaina (Escola Superior de Canto de Madrid), Daniella Pastorello ou Thomas Busch (Conservatorio de Música de Mantua).

Ten realizado numerosos recitais, acompañada polos pianistas Alejo Amoedo, Xesús Pardal, Pablo Rodríguez e Carlos Enrique Pérez, e concertos nos que actuou como solista con diferentes agrupacións camerísticas e orquestrais. No eido escénico, destacan as interpretacións de sendos papeis protagonistas na zarzuela El Barberillo de Lavapiés de Barbieri e na ópera de Cimarosa Il Matrimonio Segreto, ámbalas dúas baixo a dirección escénica de Beatriz Riobó.

Entre as súas actuacións e proxectos máis recentes atópanse a súa participación no Concerto a favor da Educación en Perú (Teatro Caixanova de Vigo, xuño 2010) e a interpretación dunha das voces solistas do Requiem de Mozart, en colaboración coa Orquestra Sinfónica Cidade de Pontevedra (Pazo da Cultura de Pontevedra, abril 2011) así como a obtención do Premio á Excelencia Musical 2011 outorgado pola Xunta de Galicia e a “Asociación Paideia” conlevando a gravación dun disco acompañada polo pianista Alejo Amoedo (xaneiro de 2012).

Diplomada en Educacion Musical pola Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra, dende o ano 2003 exerce a súa labor docente e, na actualidade, o seu destino profesional atópase no CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas .

CURRÍCULUM DE JUAN ABALDE QUE IMPARTIU O I CURSO DE TÉCNICA VOCAL INFANTIL DO CORO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

 

JUAN ABALDE

Tenor

Nace en Ponteareas. Mestre de Educación Musical. Comenza os seus estudios musicais no Conservatorio Superior de Santiago de Compostela para continuar como alumno oficial no Conservatorio Profesional de Vigo na disciplina de Canto baixo as ensinanzas de Teresa Novoa e José Antonio Campos.

Rematou os seus estudios superiores na devandita disciplina con Tatiana Sajarova, Beatriz Riobó e Teresa Novoa, compaxinando os mesmos con recitais como solista e participando en diversos montaxes como La Dolores, de Bretón, Las de Caín, de Pablo Sorozábal , Dido y Eneas de Purcell, Lucrecia Borgia, de Donizetti, na producción de Amigos de la Ópera e O barberillo de Lavapiés de Barbieri.

Realizou diversos cursos de Canto e Técnica Vocal con profesores como Montserrat Pueyo (Barcelona), Lola Bosom (Madrid), Julio Fernández (Stuttgart/Alemania), Helen Larsson (Estocolmo/Suecia) e Miguel Zanetti (Denia/Alicante), asi como de Dirección Coral con Javier Busto (Hondarribia/ Euskadi) e Julio Dominguez ( Ponteareas/ Pontevedra).

Actuou na TVG con motivo da homenaxe que se lle fixo a Luciano Pavarotti.

Foi membro do coro Camerata ad Libitum e impartiu clases de Técnica Vocal nos últimos Cursos de Dirección Coral, Canto e Técnica Vocal, organizados polo devandito coro.

Dirixiu a sección infantil Camerata Peque e desenrola a súa labor pedagóxica no CEIP Nosa Señora dos Remedios Ponteareas.

Na actualidade imparte clases de canto nunha actividade musical organizada polo coro A Vila de Ponteareas.

I CURSODE TÉCNICA VOCAL INFANTIL DO CORO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

O Coro CEIP Nsa. Sra. dos Remedios celebra o I CURSO DE TÉCNICA VOCAL INFANTIL o vindeiro sábado 21 de abril .


As clases serán impartidas polo tenor Juan Abalde e a soprano Iria Rodríguez, ambos Licenciados en canto polo Conservatorio Superior de Música de Vigo.


A nosa gratitude pola súa xenerosidade co coro.

Distribuir contido