Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Oferta educativa, Novas do Colexio
MAGO EN INFANTIL
LETRAS GALEGAS 2021
ANIMACIÓN Á LECTURA
Estes días estase levando a cabo no cole unha actividade de animación á lectura que está a ser un éxito.
Aos nenos e nenas lles gusta moito ler polo micro para os seus compañeiros.
Bravo! Sodes uns grandes lectores!
A PITA FALADORA 2020/21 - Nº42
Aproveitamos que hoxe é o Día das Letras Galegas, para publicar a nosa revista. Como xa saberedes, este ano está adicado a Xela Arias.
A nosa Pita Faladora xa vai polo número 42 (fai clic), e este ano repite o formato integramente dixital que iniciou o curso pasado. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.
DÍA DO NENO E DA NENA
SEMANA DO LIBRO 2021
Durante a semana pasada celebramos a semana do libro dun xeito moi especial, creando unha FEIRA DO LIBRO, actividade organizada polo equipo de Biblioteca.
Os nenos e nenas de todo o cole foron acudindo á Feira para trocar os seus cupóns por libros. A feira estivo amenizada cada día por mestras/es do centro cos seus instrumentos.
O fin de festa, foi o venres 23 de abril, o propio Día do libro, coa actuación de todos os músicos/as do cole en directo para todos os nenos/as do centro.
Foi unha semana moi divertida!!
SEMANA DA PRENSA
Queremos rematar este 2º trimestre amosándovos os traballos dos nosos nenos e nenas na semana da prensa onde se converteron en xornalistas.
PROGRAMA FROITA E LEITE NA ESCOLA
O noso cole participa no Programa de froita e leite na escola que organiza o FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria). Comezamos co segundo período!
A partir do próximo martes día 6 de abril, disfrutaremos de pequenos bricks de leite para os recreos do alumnado por un período de 30 días consecutivos, así como dunha peza de froita para cada alumno/a durante 10 dias. Así que... organizade os almorzos dos vosos peques!
INVESTIGANDO SOBRE O 8M
8M - DÍA DA MULLER
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »