O DÍA DA PAZ NO COLEXIO

Hoxe 29 de xaneiro de 2010 celebramos no colexio o acto central do Día da Paz. Antes, houbo unha charla por parte de varias nais de alumnos/as procedentes do estranxeiro que falaron sobre os seus países.

Algunhas imaxes dos actos de hoxe son as que seguen.

 


40 PROGRAMAS DE RADIO FALADORA

Co programa emitido no colexio este xoves 14 de xaneiro de 2010 chegamos xa a unha cifra importante: 40 programas, igual número que os anos que ten o noso colexio.

Dende aquí queremos felicitar e agradecer aos mestres/as e alumnos/as que fixeron posible a posta en marcha da nosa radio escolar e a todos/as os que participaron moi activamente nos seus programas.

Lembrade que podedes escoitar os programas entrando no apartado de Radio Faladora desta web.

RADIO FALADORA 40

Pinchando no seguinte enlace podes escoitar o programa nº 40 de Radio Faladora a nosa Radio Escolar:

http://www.box.net/shared/ylz9jbzxla

CALENDARIO 2010

Aquí está o calendario do 2010 elaborado polo alumnado baixo a coordinación de Normalización Lingüística:

 

O 40º ANIVERSARIO DO COLEXIO NO FARO DE VIGO

O pasado domingo 20 de decembro, no Fardo de Vigo na sección da comarca do Condado, saíu información sobre o acto do 40º aniversario do colexio, celebrado o pasado 18 de decembro en Ponteareas.

 

Tamén saíu ampliada a información sobre os 40 anos do colexio no Suplemento do Condado Paradanta do sábado 26 de decembro.

NOVOS CONTIDOS NA BITÁCORA 40 REMEDIOS

Xa está subido o programa do acto celebrado o 18 de decembro á bitácora dos 40 anos.

Podes acceder á bitácora dende o enlace que hai nesta web.

Distribuir contido