LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS E VALES MATERIAL ESCOLAR 2022/23

Hoxe publícanse as listaxes DEFINITIVAS, que segundo marca a convocatoria, soamente se poden expoñer no taboleiro do centro OU consultar na aplicación fondolibros co certificado electrónico ou chave365. (HORARIO 10 A 14H)

 

Os vales entregaranse os días 6, 7 e 8 de xullo, en HORARIO DE 10 A 14H.

Os libros de texto deste fondo entregaranse ás familias os días 2, 5 e 6 de setembro de 2022. (día 2 de 12 a 14h; días 5 e 6 de 10 a 14h)

NOTAS: 

* Poden autorizar POR ESCRITO a outras persoas para vir a recoller os vales.

* Os vales non recollidos en xullo, poden ser recollidos en setembro xunto cos libros de texto.

*Teñan en conta que en 1º, 2º, 5º e 6º de E.Primaria non hai libros, polo que non sae vale para os mesmos nin adxudicación de lote algún.

Ponteareas, a 6 de xullo de 2022