Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Abril 02, 2020
Start: 02/04/2020 09:13

Mediante o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, publicado no BOE número 67, do 14 de marzo, declarouse o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. E Seguindo as instruccións ditadas o pasado 27 de marzo de 2020 pola Consellería de Educación, tomamos as seguintes medidas: 

  • Os mestres e mestras fixemos as reunións de avaliación do 2º trimestre de xeito telemático.
  • Para facer a avaliación, só tivemos en conta o traballo do alumnado ata o día 13 de marzo de 2020. As tarefas do periodo de suspensión de clases non son evaluables.
  • Para poder ver as cualificacións dos vosos fillos/as, precisades empregar AbalarMóbil.
  • As cualificacións publicaranse na aplicación AbalarMóbil o vindeiro venres día 3 de abril ás 14:00 h. (nesta entrada tedes o manual de uso)
  • Durante a Semana Santa (do 4 ao 13 de abril ambos incluídos), non seguiremos enviando tarefas diarias ao alumnado. É tempo para que descansen e desconecten.
  • De cara ao comezo do 3º trimestre, estamos agardando as novas instrucións para poder organizarnos e comunicarvos como vai ser todo. A previsión é dunha reunión do Ministerio e as CCAA o día 11 de abril.
Start: 02/04/2020 09:15

As cualificacións do alumnado correspondentes á segunda avaliación vanse publicar o venres día 3 de abril ás 14h. A partir desa hora teredes acceso ás mesmas a través dos vosos teléfonos na aplicación abalarMobil.

É preciso que descarguedes e instaledes a aplicación abalarMobil nos vosos teléfonos.

No arquivo adxunto tedes un manual resumido de instalación e consulta das cualifiacións dos vosos fillos/as.

NOTA: Tamén incluímos o arquivo co manual de uso íntegro, con todas as funcionalidades que máis adiante habilitaremos.

Martes Abril 07, 2020
Start: 07/04/2020 09:51

Todo o profesorado do CEIP Nosa Señora dos Remedios queremos enviarvos unha mensaxe en forma de vídeo. Un graniño de area para intentar animar a todos os nenos e nenas e a toda a familia. Na distancia, seguimos estando ao voso lado e vos estrañamos.

Pero... PRONTO ESTAREMOS XUNTOS!!!


Moito ánimo familias, e moita saúde.

Unha aperta enorme de todo o profesorado.

Luns Abril 13, 2020
Start: 13/04/2020 23:55

Texto da Consellería:

Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial desde o pasado 13 de marzo,  unha vez rematadas as vacacións de semana santa e coa finalidade que os centros educativos poidan iniciar a organización da súa actividade neste terceiro trimestre:

1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto. 

2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan.

 

- En canto recibamos información máis precisa, a partir desa reunión do mércores, vos poderemos aclarar algunhas dúbidas que nos consultades; mentres, plantexamos unha primeira semana de repaso con tarefas sinxelas.

- Nada máis poidamos saber se o terceiro trimestre se adicará a repaso, si se poderá ampliar contidos, se os contidos virán predeterminados logo dun acordo nacional, se serán avaliables, se se entregarán tarefas, como dar resposta á fenda dixital para chegar a todo o alumnado... nada máis poidamos saber todo isto volo faremos saber.

 

Paciencia e moito ánimo nesta situación tan complicada. SAÚDE!

Sábado Maio 02, 2020
Start: 02/05/2020 18:17

Que gran acollida tivo a nosa proposta! Como nos alegramos!

Tras procesar a morea de fotos e vídeos que nos enviastes, aquí tedes o ansiado resultado. Agardamos que vos guste e sentimos os recortes que tivemos que facer para que non se nos extendera demasiado a composición.

Un saúdo e o noso agradecemento pola participación!! Os profes de Educación Física e psicomotricidade: Rubén, Conrado e José Ángel.

#DEFC2020

      

Distribuir contido