Actividades complementarias
LETRAS GALEGAS 2024 NA PRENSA LOCAL
Preme encima para acceder ao Faro de Vigo
O xoves 16 de maio festexamos as letras con dúas propostas: visitar á Residencia de Forcarei e compartir un anaco da mañá cos nosos maiores desenvolvendo actividades arredor da figura de Luísa Villalta e a segunda, xuntar todo o alumnado no salón de actos para levar a cabo obradoiros vencellados á figura de Luísa Villalta. Unha mañá chea de Letras e de Galego.
#ceipnosasenoradasdores
#cpinclue: CONVIVE-T
#EDLG
EXPERIENCIA NA ACTIVIDADE DRAGÓNS PIRAGÜISMO
Este luns o alumnado de sexto de primaria viviu a súa segunda experiencia a bordo dun barco de piragüismo grazas a participación na actividade “Dragóns Piragüismo”, unha proposta lúdico-deportiva que se integra no “Programa Xogade” da Xunta de Galicia.
#ceipnosasenoradores
#cpinnova:EDUsaúde
#xogade
#planproxecta+
CONTINUAMOS COAS COMPETICIÓNS DEPORTIVAS
Participar do Programa XOGADE e do Plan Proxecta+ permítenos contar con varias competicións e encontros deportivos con outros centros educativos e crear unhas verdadeiras xornadas en pro da saúde e do deporte.
#ceipnosasenoradasdores
#cpinnova:EDUsaúde
#xogade
#planproxecta+
III Carreira Solidaria "Forcarei coa paz"
O vindeiro martes 30 de xaneiro, se o tempo nolo permite, celebraremos a III Carreira Solidaria para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia. A finalidade é participar dun proxecto educativo, deportivo e solidario.
Para poder inscribirse será necesario entregar un quilo de alimentos non perecedoiros que, unha vez rematada a carreira, se lle enviarán aos Servizos Sociais de Forcarei para que os reparte entre as familias do concello que o precisen.
Agardámosvos a todas e a todos os vindeiro martes 30 de xaneiro ás 12:30 horas no Campo de Fútbol de Forcarei.
VISÍTANOS PABLO SEOANE
Preme encima para acceder á Galería
Esta semana tivemos unha visita moi especial: Pablo Seoane.
É un gran mestre de Música e Baile Tradicional Galega e Artesán de instrumentos tradicionais galegos- Na actualidade, é a persoa encargada do Obradoiro Seoane en Teo.
Achegouse ata o centro educativo coa intención de que os alumnos e as alumnas de Forcarei visen en vivo e en directo moitos dos instrumentos da música tradicional galega e das bandas populares. Escoitamos as súas explicacións e curiosidades, ouvimos ou seus sons e desfrutamos coñecendo algo máis da nosa cultura, da nosa Galiza.