Tratar de construír vínculos máis estreitos entre todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Nosa Señora das dores e, tamén, con outras Comunidades Educativas, creando un novo recurso.

PLAN MADRUGA 23/24

A ANPA "O Berce" quere informarvos de que segue aberto o prazo para inscribirse no Plan Madruga 23/24. Con este programa de carácter social pretenden axudar ás familias que por algún motivo teñen que deixar aos seus fillos e fillas antes do horario de entrada ao colexio. 

Todos os días de 7:20 a 9:20 H.
Empresa encargada: "Spazosport".
Modalidades: mensual ou día esporádico

Engadimos documentación por se queres solicitar o servizo: 

- Tríptico informativo " Plan Madruga" (Descargar aquí)

- Información Plan Madruga (Descargar aquí)

APERTURA PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES POR PARTE DOS COLABORADORES

As persoas interesadas en colaborar no vindeiro curso escolar 2023/2024 nas tarefas de comedor escolar poderán formalizar a súa solicitude no centro educativo. A documentación a presentar xunto coa solicitude será a seguinte: 

- Impreso de solicitude (Descargar aquí)

- Impreso de declaración responsable (Descargar aquí)

- Fotocopia DNI ou NIE.

- Código de Conta Cliente.

CONTÁDENOS O VOSO DÍA DAS LETRAS 2023

Este ano, no noso cole, quixemos seguir coa tradición que comezamos na pasada edición das Letras Galegas. Foi así como vivimos un “Forcarei coas Letras (2ª edición)”, onde homenaxeamos a D. Francisco Fernández del Riego a través dunha serie de actividades diversas.

Esta proposta serviunos para conmemorar as Letras Galegas 2023. Marcámonos como obxectivos a conseguir os seguintes: 

SOLICITUDE DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

Seguindo as Instrucións enviadas pola Consellería, os usuarios de comedor poderán dispoñer deste servizo previa presentación do Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións relativas á renda do 2022 no centro. 

Teña en conta que: 

- Dispón ata o venres 8 de setembro do 2023 para entregar o anexo no centro.

- Aquel alumnado que non entregue este anexo non poderá facer uso do servizo.

- Se quere facer un simulacro de taxas para o pago do comedor pode facelo premendo na imaxe.

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2023-2024

Durante o vindeiro curso escolar 2023-2024 contaremos co seguinte listado de Libros de Texto (ficheiro engadido). É importante indicar que:

  • No 1º e 2º nivel da Educación Primaria, o alumnado deberá mercar os libros de texto ao ser estes funxibles. 
  • Contamos con Fondo de Libros Solidario nos niveis de 3º e 4º de Educación Primaria. Os listados das adxudicacións estarán expostos no taboleiro interior ao centro. Contactade co centro se tedes dúbidas.
  • O alumnado de 5º e 6º nivel de Educación Primaria está inscrito no programa de Educación Dixital- " E- Dixgal" polo que non terá libro de texto nin acceso ao fondo de libros. Si a axuda de material escolar.

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Verán 2024

 

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario