Gamificando no comedor...

Neste curso, pensamos nunha nova metodoloxía para que o noso comedor escolar funcione de dez. Baseámonos en tres eixes de acción: unha boa alimentación, cumprir as normas nas mesas e unha recollida eficiente.

Para acadar isto, organizamos catro equipos. Cada un deles elixiu un nome e creou un escudo personalizado (os devoradores, os famentos, as froitas e os cocodrilos).

Durante cada semana, os mestres colaboradores irán marcando con pinzas de cores nos escudos dos equipos que realicen as tres funcións antes mencionadas con xeito.

Ao finalizar cada semana, o equipo que máis pinzas acumule terá unha recompensa: libros, xogos, agasallos, pinturas...

Unha boa maneira de potenciar unha alimentación saudable no noso comedor.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer