BENVIDA
No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.
BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!
Blogues
3º CONCURSO DE POSTAIS DIXITAIS DE NADAL!
Enviado por admin2 o Lun, 22/11/2021 - 12:12- blogue de admin2
- APIs de Blogue
SOLICITUDE E DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
Enviado por admin2 o Mér, 17/11/2021 - 09:04Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).
PRAZO DE PRESENTACIÓN: 15/11/21 - 26/11/21
ALUMNADO DESTINATARIO:
O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
1. -Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar (ESTE ALUMNADO NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE, XA É BENEFICIARIO DA ENTREGA DE MÁSCARAS)
2. -Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, perocumplan o requisito de renda per cápita igual ou inferior a 6000€ (ESTE ALUMNADO TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE, QUE SE ENTREGA NO CENTRO OU DESCARGAR NA LIGAZÓN ANTERIOR)
- blogue de admin2
- APIs de Blogue
(RE)creando o patio... - CUESTIONARIO PARA FAMILIAS
Enviado por admin2 o Xov, 11/11/2021 - 13:50Deixamos a continuación o enlace ao cuestionario que realizamos para coñecer a vosa opinión sobre os nosos patios, porque a vosa colaboración é fundamental para nós.
Premede na imaxe para acceder ao cuestionario.
CUESTIONARIO SÓ PARA FAMILIAS DO CENTRO
Grazas pola vosa implicación.
- blogue de admin2
- APIs de Blogue
ELECCIÓNS REPRESENTANTES PARA O CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin2 o Ven, 05/11/2021 - 05:27Adxúntanse as Convocatorias para os representantes do sector do profesorado e das familias para as eleccións do Consello Escolar.
- blogue de admin2
- APIs de Blogue
CENSO PROFESORADO E FAMILIAS - ELECCIÓS PARA O CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin2 o Ven, 05/11/2021 - 05:04Adxúntase o censo de profesorado e familias para as vindeiras eleccións para o Consello Escolar.
- blogue de admin2
- APIs de Blogue
CALENDARIO ESCOLAR 2021/22
Enviado por admin2 o Sáb, 04/09/2021 - 08:45Iniciamos as clases o vindeiro xoves 9 de setembro.
Xa tedes dispoñible o calendario escolar do novo curso, consulta as datas.
PREME AQUÍ PARA ACCEDER
- blogue de admin2
- APIs de Blogue
AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR,LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por admin2 o Lun, 07/06/2021 - 04:40
AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
CURSO 2021-2022
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación das solicitudes será do 10 DE XUÑO ó 07 DE XULLO, ambos incluídos.
As solicitudes presentaranse a través da Carpeta Cidadá do Concello de Vigo ou presencialmente con cita previa, que se poderá solicitar a partir do luns07de xuño, a través de:
-
Teléfonos: 010 ou 986 810 260
-
Páxina web: www.vigo.org
-
Máis información: Sede electrónica ( convocatorias e subvencións)
-
https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/?lang=gal
- blogue de admin2
- APIs de Blogue
FONDO E AXUDA LIBROS CURSO 21-22
Enviado por admin2 o Ven, 21/05/2021 - 16:43A/A nais/pais:
Comunicamos a apertura do prazo para o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/22.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de xuño.
O fondo é para o alumnado que estará o vindeiro curso en 3º e 4º.
O alumnado que o vindeiro curso esté en 5º e 6º non poderá solicitalo por ter e-dixgal.Si poden solicitar AXUDA DE MATERIAL(cando a renda per cápita sexa inferior a 6000 euros).
As axudas para adquirir libros e material están destinadas ao alumnado que o vindeiro curso esté en 1º e 2º ou EE (cando a renda per cápita sexa inferior a 10000 euros).
No seguinte enlace tedes información detallada e podedes descargar as solicitudes :
http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA necesaria para tramitar o procedemento:
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º- Certificado ou volante de convivencia.
2º- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia onde deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
2. A documentación complementaria (que se xunte coa solicitude) presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ( entregarase xunto coa solicitude aos titores/as )
3. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2019,agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO ( ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º ) |
|
PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS |
30 DE XUÑO DE 2021 |
RECLAMACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS |
DO 30 DE XUÑO AO 2 DE XULLO DE 2021 |
PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS |
5 DE XULLO DE 2021 |
ENTREGA DOS LIBROS AO ALUMNADO |
AO COMEZO DE CURSO |
- blogue de admin2
- APIs de Blogue
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021.
Enviado por admin2 o Lun, 17/05/2021 - 06:35Este ano no cole celebramos un festival polo Día das Letras Galegas, este ano adicado a Xela Arias, un pouco diferente, pero coa mesma ilusión de festexar e conmemorar a importancia da nosa lingua.
Agardamos que gocedes coas nosas actuacións familias! Premede na imaxe para acceder aos vídeos.
- blogue de admin2
- APIs de Blogue
ADMISIÓN DEFINITIVA 2021-22
Enviado por admin2 o Mér, 12/05/2021 - 08:05ESTÁ ADMITIDO DEFINITIVAMENTE TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE PARA O CURSO 2021-22.
O PROCESO DE MATRÍCULA SERÁ DO 20 -30 DE XUÑO.(PODEN RECOLLER OS IMPRESOS EN SECRETARÍA).
OUTRA DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:Certificado médico,Fotocopia da tarxeta sanitaria,2 fotos e outros que proceda.
- blogue de admin2
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »