BENVIDA
No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.
BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!
blogue deadmin2
NOVA VERSIÓN DA ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN
Enviado por admin2 o Ven, 25/09/2020 - 13:25Adxuntamos a nova versión da enquisa de autoavaliación que corresponde ao Protocolo aprobado e un modelo de comunicación de casos ás familias seguindo o modelo establecido polo Ministerio de Sanidade nas súas instrucións para centros educativos do 10 de setembro.
- APIs de Blogue
ACTUALIZACIÓN RELATIVA AO PLAN DE CONTINXENCIA PUBLICADA O 23 DE SETEMBRO
Enviado por admin2 o Xov, 24/09/2020 - 02:23No ficheiro adxunto atoparedes a actualización relativa ao Plan de contixencia publicada o 23 de Setembro. Confiamos na responsabilidade das familias para facer o cumprimento das medidas de protección (enquisa de autoavaliación de síntomas diaria, non enviar ao voso fillo/a ao centro escolar en caso de sintomatoloxía compatible coa COVID-19).
Estamos á vosa disposición para calquera dúbida a través das canles habituais.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS, E MOITO ÁNIMO!
- APIs de Blogue
COÑECE A NOVA ORGANIZACIÓN DO NOSO CENTRO...
Enviado por admin2 o Mar, 22/09/2020 - 10:55Aquí deixamos unha breve presentación visual da nova organización dos espazos do centro neste curso tan atípico.
Pinchade na imaxe para acceder.
- APIs de Blogue
CANDO NON DEBO LEVAR O MEU FILLO/A AO COLEXIO?
Enviado por admin2 o Xov, 17/09/2020 - 16:05- APIs de Blogue
SYMBALOO CON RECURSOS
Enviado por admin2 o Mér, 16/09/2020 - 11:57Compartimos o Symbaloo do noso cole no que iremos recollendo diferentes recursos para traballar diferentes aspectos relacionados coa COVID-19.
- APIs de Blogue
INICIO DE CURSO 2020-21
Enviado por admin2 o Ven, 04/09/2020 - 08:43Queridas familias. O curso escolar en Galicia comezará o día 10 de setembro coa INCORPORACIÓN GRADUAL DO ALUMNADO do seguinte xeito, como podedes atopar na web da Consellería de Educación (enlace Web Consellería).
- Os primeiros en incorporarse ás aulas o xoves 10 de setembro serán o alumnado de 5º de Educación Infantil (4 anos); 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
- Ao día seguinte, o venres 11 de setembro, iniciarán o curso escolar o alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos) e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Deste xeito, o venres día 11 estarían xa incorporados ás aulas a totalidade do alumnado das etapas de Infantil e Primaria (excepto 3 anos).
- O alumando do 4º curso de Educación Infantil (3 anos), comezará o Período de adaptación o venres 11 de setembro.
O luns publicaremos o horario detallado de entradas e saídas por cursos. Adiantamos que serán de forma escalonada para evitar aglomeracións. Antes do inicio das clases darémosvos a coñecer o noso Plan de Adaptación á Situación Covid a través da nosa web.
Dende o Centro estamos tomando as medidas necesarias, segundo os medios dos que dispoñemos, para crear un entorno o máis seguro posible para o noso alumnado.
ÁNIMO PARA TODOS/AS, DESEXAMOS QUE TODO SAIA BEN!!!
- APIs de Blogue
FIN DE CURSO
Enviado por admin2 o Lun, 06/07/2020 - 16:47TODO VAI SAÍR BEN!
VÉMONOS EN SETEMBRO CON MOITA ENERXÍA
FELIZ VERÁN!
- APIs de Blogue
ADMISIÓN DEFINITIVA 2020-21
Enviado por admin2 o Mar, 23/06/2020 - 06:09ESTÁN ADMITIDAS DEFINITIVAMENTE TODAS AS SOLICITUDES DO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN PARA O CURSO 2020-21.
O PRAZO DE MATRÍCULA SERÁ DO 1 AO 10 DE XULLO DE 10:00h A 13:00h.(Recoller os impresos no colexio)
A REUNIÓN PARA ESTE ALUMNADO SERÁ O PRÓXIMO MARTES 30 DE XUÑO ÁS 18:00h.(Asistirá unha persoa por familia e será de uso obrigatorio a máscara).
- APIs de Blogue
AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR,LIBROS E MATERIAL
Enviado por admin2 o Dom, 21/06/2020 - 15:35- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »