Skip to Content

Admisión (do 2 ao 20 de MARZO)

ADMISIÓN 2022/2023

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022/2023

Prazo aberto do 1 ao 21 de marzo

PARA QUEN É?

    • Para todo aquel alumnado que queira cursar estudos no noso centro no vindeiro ano académico.
    • O alumnado que xa está a cursar estudos no noso centro NON ten que presentalo.

 

COMO SE FAI?

O alumnado interesado deberá entregar:

 

1 - O impreso ED550B cuberto, que poderá recoller na secretaría do noso centro. Este formulario tamén pode descargarse desde o seguinte enlace:

  • Deberá estar asinada polo pai, nai ou titor/a legal. En caso de divorcio, os dous proxenitores. En caso de custodia única, quen teña a patria potestade.
  • Tamén poderán cumprimentar a solicitude na aplicación http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado e traer a solicitude impresa e o código.
  • Outra opción é presentar a solicitude a través da sede electrónica da xunta, para o que se precisará a Chave365 ou certificado dixital.

2 - Fotocopia do DNI da persoa solicitante (nai, pai ou titor/a legal)

3 - Fotocopia de documento acreditativo da idade do alumno (DNI ou libro de familia)

4 - Volante de empadroamento

5 - De ser o caso:

  • Certificado do anterior centro onde cursou estudos
  • Convenio regulador en caso de separación ou divorcio

 

CANDO SE PODE SOLICITAR?

O prazo de presentación de solicitudes vai do 1 ao 21 de marzo (ambos inclusive). 

 

PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2022/2023 

 

Oferta de postos escolares

3 anos – 4º Ed. Infantil

22 + 3 NEAE

4 anos – 5º Ed. Infantil

15

5 anos – 6º Ed. Infantil

6

1º Ed. Primaria

13+3 NEAE

2º Ed. Primaria

15

3º Ed. Primaria

12

4º Ed. Primaria

13

5º Ed. Primaria

4

6º Ed. Primaria

9

Cada alumn@ só pode presentar únha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que lle poidan corresponder.

·    O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunícalo, ó mesmo tempo, ó centro de orixe
·    O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

 NORMATIVA REGULADORA:

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

 

 DATA PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:

   25 abril

   Contra a listaxe provisional, poderanse formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte á súa publicación

 

DATA PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS:

   15 maio

   Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo de un mes contado a partires do día seguinte á súa publicación

 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

   20 ó 30 de xuño

 

SERVICIOS COMPLEMNTATARIOS QUE OFERTA O CENTRO:

  • Plan madruga
  • Comedor escolar
  • Transporte escolar
  • Ascensor

 

Distribuir contido


by Dr. Radut