7.1 Configurar o meu perfil

A maioría das persoas participantes neste curso é a primeira vez que traballades nesta nova versión de moodle do cole, por iso, ao entrar nela, temos practicamente baleiro todo o referente ao noso perfil.

Neste pequeno titorial facilitamos a súa actualización.

Primeiro deberedes entrar no voso Perfil coo se indica na imaxe.

Perfil

A continuación prememos en Editar perfil.

Perfil

Ábresenos unha nova xanela con diferentes campos a completar. Recomendamos completar os campos que indicamos nas imaxes, pero sobre todo o referente a engadir unha imaxe, co obxecto principal de facilitar a identificación ás persoas titoras e participantes no curso. Non ten por que ser unha imaxe de primeiro plano, pode ser un avatar, ou calquera outra que nos guste e manteña as normas de cortesía e netiqueta na rede.

Se tedes atrancos para actualizar o voso perfil non dubidedes en comentalo no Foro de problemas técnicos.

Última modificación: Domingo, 6 de Setembro de 2020, 03:10