A REQUINTA |
Coñecemos este
tipo de frauta
|
![](/centros/ceipmanuelmasdias/?q=system/files/u23/requintas.jpg) |
Descripción.
É unha frauta traveseira que se divide en cinco partes.
· Boquilla ou pecho dos beizos · Barrilete ou segundo pecho · Terceiro pecho · Cuarto pecho · Parte final ou pecho da chave
Funcionamento.
Tócase apoiando sobre o beizo inferior o bordo do burato da embocadura.
Historia.
É unha frauta traveseira coas mesmas características físicas e de son que as frautas traveseiras barrocas, que se empregaban en toda Europa no século XVIII. A súa chegada a Galicia está relacionada coa incorporación das frautas barrocas ás orquestras sinfónicas, bandas militares e grupos de cámara, como é o caso da orquestra da Catedral de Santiago que contaba con gran poder económico para mercar os instrumentos que lles fosen precisos. As primeiras frautas chegadas á Catedral de Compostela foron enviadas desde Inglaterra. Quizais a necesidade de reparar algunha destas frautas fai que chegen ata o lugar de Rioboo na Estrada (Pontevedra) onde vivía un sonado constructor de gaitas, o cal viu as posibilidades harmónicas e cromáticas do instrumento para ser tocado xuntamente cunha gaita. Tivo grande importacia ata o comezo da guerra civil sobre todo na bisbarra da Ulla, debido á existencia destes artesáns, que construíron gran cantidade delas. Outro caso de fratura traveseira de funcionamento semellante ao da requinta é o frautín tamén coñecido como pínfano. Este tipo de frauta traveseira, de pequeño tamaño, foi usada sobre todo na bisbarra de Vigo. O frautín en re de cinco chaves era utilizado xeralmente para facer dúos con gaita na mesma tonalidade, que acompañados de bombo e tamboril formaron grupos como Os Peruchos de Sardoma e Castrelos, Os Fonas de Matama, Os Gaiteiros de Sampaio de Navia, Os Gragoselos de Coruxo, etc.
|
![](http://c.gigcount.com/wildfire/IMP/CXNID=2000002.0NXC/bT*xJmx*PTEzODM5OTc3MzY1MjEmcHQ9MTM4Mzk5Nzc*MzU3NCZwPTk3NTA3MiZkPTQyNyUyMC*lMjBBdWRpb1BhbCUyMFdpZGdl/dCZnPTEmbz*xMzI1N2VlNGY1Njg*NjY2YmFiMjkzZDZiOTNhNzEzNSZvZj*w.gif)
Déixovos este vídeo moi interesante do grupo:
A REQUINTA DA LAXEIRA que é un grupo de música tradicional dedicado á recuperación da requinta, un instrumento característico da zona da Ulla.
![](/centros/ceipmanuelmasdias/?q=system/files/u23/arequintadalaxeira2013.jpg)
Preme na imaxe para coñecer ao grupo