Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

Educación Infantil

PROXECTO DO PRIMEIRO TRIMESTRE NAS CLASES DE 4 E 5 ANOS: “ O MEU PAÍS”

Durante este primeiro trimestre, nas clases de 4 e 5 anos de Educación Infantil traballamos conxuntamente este proxecto para coñecer mellor o lugar onde vivimos. O primeiro que facemos e falar en asemblea sobre o tema, para coñecer que é o que xa saben os alumnos/as sobre o tema. Para que vos fagades unha idea , aquí tendes a transcrición das dúas asembleas iniciais que se fixeron en 4 anos:

 

ASAMBLEA INICIAL en 4 anos

Amósolles una bola do mundo que temos na clase e lles pregunto:

¿QUÉ É ESTO?

Lois: O planeta terra, onde nós vivimos.

Pablo S: El planeta tierra, hay mucha luz del sol.

Heriazna: El planeta tierra, es el nuestro y tiene agua y tierra.

Roque: La tierra y en la tierra hay muchos árboles.

PROFE: E, QUÉ MÁIS HAI?

Pablo S: Son países.

Lois: Son países onde hai árbores.

Pablo R: El país de mi clase y mío tiene más árboles que ahí dentro.

Brais: En el país tierra hay muchas cosas.

PROFE: ENTÓN, A TERRA É UN PAÍS??

Pablo R: No, es un planeta.

Lois: Puede haber un volcán.

Pablo S: Son cachitos de Galicia.

PROFE: E, QUÉ É GALICIA?

Pablo S: El país que vivimos, cachitos de España.

PROFE: E, QUÉ É ESPAÑA?

Pablo S: Dentro de Galicia está España.

Brais: En la tierra hay muchos animales.

Lois: Que Galicia está dentro de España.

PROFE: E vós credes que Galicia e España están aquí, dentro desto? (sinalando a bola do mundo)

(A metade máis ou menos cren que sí e a outra metade que non) Así que lles sinalo onde está España e todos quedan coa boca aberta…

PROFE: ¿CÓMO É? ¿GRANDE OU PEQUENO?

Heri: Pequeno

Janet: Pequeño

Lois: Me parece grande

 

ASAMBLEA 2

Volvemos a sacar a bola do mundo. Cando atopamos España tod@s coinciden en que é o noso país. Pero nos decatamos que hai máis “cousas” dentro da bola…Que serán?....

Brais: É un sitio onde se van facer reunións.

Lois: Son mundos.

Roque: Son países.

Leo: Que os planetas son grandes, son cachiños de terra.

Heri: Hay agua y tierra.

Xiana: Que es pequeñin la tierra.

PROFE: Roque dixo que eran países, entón, haberá máis países ademáis de España?

TOD@S: SIIIIIIII

Lois: Los países de los monos.

Leo: Los países de los dinosaurios.

Pablo S: Inglaterra.

Pablo R: Hay países de monstruos.

PROFE: Bueno, imos centrarnos entón en cousas que imos tendo claras…Isto é….(amosando a bola do mundo)

TOD@S: A terra

PROFE: Dentro da terra atopamos….

ALGÚNS: Países.

PROFE: E de todos os que hay atopamos….(sinalando o noso)

A MAIORÍA: España.

PROFE: Entón, qué é iso de Galicia?

Lois: Galicia está dentro de España.

Brais: Papá vai a Santiago a facer reunións.

PROFE: Ah…Galicia…Santiago…E coñecedes máis sitios que estén dentro de España?

Lois: Madrid, que fumos ao hotel.

Pablo R: Ferrol

Pablo S: Coruña está dentro de España.

Brais: Pois Canarias, Allariz.

Roque: Pues mis abuelos viven en baratas, en Caranza.

Brais: Canarias está muy lejos.

Lois: Hai que ir en avión.

PROFE: E NON SE PODE IR NOUTRO MEDIO DE TRANSPORTE?

Lois: Non, sólo o avión ten o mapa para ir.

Roque: Portugal está dentro de España

Pablo R: Sabela vive en Alemania.

A partir de aquí argallamos entre as dúas clases unha chea de actividades moi divertidas e colaborativas. Algunhas as veredes nos ficheiros que levaron os vosos fillos e fillas para casa, pero moitas outras non se poden reflexar no papel. Aquí tendes unha pequena mostra das mesmas en foto:

 

Algunhas destas actividades foron dirixidas  e preparadas por Sara, que estivo todo o primeiro trimestre facendo prácticas nas tres clases de infantil.

 

Para SARA UNHA ESPECIAL APERTA, MOITAS GRAZAS POR TODO!!

OS PROTAGONISTAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE NA CLASE DE 4 ANOS

Este ano na clase de 5ª de Infantil celebramos os aniversarios dun xeito moi especial: durante unha semana os nenos e nenas que están de aniversario ese mes son os/as PROTAGONISTAS. Por iso van a traernos esas cousas de casa que son especiais para eles/as: xoguetes, contos, fotografías, ... e mesmo a xente da súa familia pode vir á nosa aula a contarnos algunha historia sobre ese compañeiro/a. Ademais, nesa semana, os/as protagonistas serán o centro de moitas actividades e xogos. Cantas cousas aprendemos dos nosos compañeiros e compañeiras! Gústanos coñecernos cada día máis e mellor! 

OBRADOIRO DE PINTURA NA CLASE DE 5 ANOS

Na clase de 5 anos estamos aprendendo moitas cousas das cores, da pintura e dalgúns pintores.

Empezamos pintando os nosos propios bodegóns, colocados ao xeito de cada un/ha,  coa froita propia do outono. Logo, por suposto, papamos a froita toda nunha merenda moi especial!

Coñecemos a tres característicos pintores:

- 

Giussepe Archimboldo, e os seus curiosos retratos. Serviunos de inspiración para facer os nosos propios retratos con froitas e verduras, tanto no papel como na web a través da páxina Caras cocineras á que podedes acceder premendo nesta ligazón.

- Vasili Kandinsky, coas súas liñas, círculos e outras formas xeométricas. Fixemos a nosa propia versión do seu cadro Círculos concéntricos.

- Andy Warhol, coas súas cores e interpretacións, un dos máximos expoñentes do Pop Art. Tamén fixemos os nosos autorretratos usando as súas técnicas artísticas.

Aquí tendes as fotos:


PLANTANDO ALOE VERA NA CLASE DE 3 ANOS

A nosa profe trouxo un día á aula unha planta enorme! Era a planta de ALOE VERA. Era moi grande, si, pero ademais ao seu redor había unha chea de “fillos”. Por iso decidimos transplantar eses gallos para levarnos as casas a nosa propia planta de aloe. Mirade canto aprendemos nesta experiencia:

Distribuir contido


by Dr. Radut