Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

Educación Infantil

DÍA DA ÁRBORE E A POESÍA

O 21 de marzo celebramos no Masdías o Día da Árbore e a Poesía. Para iso cada unha das clases da nosa escola participou na plantación dunha árbore autóctona de Galicia no patio da nosa escola. En infantil plantamos un limoeiro, unha laranxeira e unha maceira. Na entrada da escola expuxemos todas as aulas un cartaz anunciando este día tan especial cunha poesía sobre a nosa árbore.


LECTOESCRITURA EN 5 ANOS CO CONTO CHIBOS CHIBÓNS

En 5 anos utilizamos este divertidísimo conto para traballar un montón de cousas, entre elas a lectoescritura. Aquí tendes o conto:

E aquí tendes o noso traballo con el:

Xogo: A paso de elefante 5 anos

Pequeno xogo de coordinación: A paso de elefante

Nen@s de 5 anos

 

 

CEIP Manuel Masdías (Ferrol): A paso de elefante nen@s de 5 anos from Maribel on Vimeo.

PROXECTO DO CORPO HUMANO 4 ANOS

 

 

OS NENOS DE 4 ANOS ESTAMOS TRABALLANDO CUN PROXECTO SOBRE O CORPO HUMANO DURANTE O

SEGUNDO TRIMESTRE! UNHA DAS ACTIVIDADES CONSISTE EN PESARNOS E MEDIRNOS. AQUÍ VOS DEIXO 

ALGUNHAS IMAXES

QUE FIXEMOS CO QUE MERCAMOS NA EXCURSIÓN AO MERCADO DE FERROL?

Unha das cousas que fixemos na excursión ao mercado de abastos de Ferrol foi mercar unha serie de froitas. Os nenos e nenas de cada clase fixeron cadansúa lista con froita para mercar.

Ao chegarmos á escola elaboramos coa froita unha macedonia e uns pinchos morunos. MMM que rico todo!!!

OBRADOIRO DE RECEITAS EN TRES ANOS: 1ª RECEITA, ZUME DE LARANXA