Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Educación Física

Xogos olímpicos en Cedeira

23/05/2019 09:30
Europe/Madrid

O colexio de Cedeira organiza para o día 23 de maio unha xornada de promoción do atletismo para á que invitou a participar ao alumnado de quinto do noso colexio.

A hora de saída será as 9:30 desde o colexio, e o regreso antes das 14:30 tamén ao colexio.

Cada alumna e alumno debe participar en varias disciplinas de atletismo, agrupadas en carreiras, saltos e lanzamentos.

Asignáronnos a cor negra, polo que o alumnado deberá levar unha camiseta desa cor.

 

 

 

Vídeo da actividade: http://youtu.be/dt8GsRL24Yk

icona dos xogos olímpicos

 

 

Charla sobre o medio maratón de Cariño

29/04/2019 12:30
Europe/Madrid

O Concello de Cariño organiza para o próximo día 29 de abril unha charla sobre o medio maratón de Cariño.

Hora: 12:30

Lugar: salón de actos de colexio

Dirixida ao alumnado de cuarto, quinto e sexto

www.rfea.es/web/competiciones/campeonato.asp?codigo=2019RF101

 

Obradoiro de balonmán

27/03/2019 10:20
Europe/Madrid

O luns 27 de marzo teremos un obradoiro-clase maxistral de Abel González Colorado, exxogador da liga ASOBAL e entrenador da selección cadete feminina galega.

Alumnado participante: 3º e 4º

Horario: de 10:20 a 12:00

Organiza Concello de Cariño.

fotografía de Abel González

Obradoiro de balonmán

25/02/2019 09:24
Europe/Madrid

O luns 25 de febreiro teremos un obradoiro-clase maxistral de Abel González Colorado, exxogador da liga ASOBAL e entrenador da selección cadete feminina galega.

Alumnado participante: 5º e 6º

Horario: de 12:30 a 14:15

Organiza Concello de Cariño.

fotografía de Abel González

Carreira de campo a través

18/01/2019 09:35
Europe/Madrid

O venres 18 de xaneiro participaremos nunha proba de "Campo a través" organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Lugar: Praia de Esteiro en O Barqueiro (Mañón).

Hora de saída desde o colexio: 9:45

Hora de regreso ao colexio: antes das 14:30

Categorías: desde benxamín ata infantil.

Os participantes deberán levar roupa e calzado cómodo para correr.

Horario e distancias ( información dos organizadores )

11.45 BENXAMIN  MULLERES 400 METROS
11.35 BENXAMIN HOMES 400 METROS
11.25 ALEVIN MULLERES  600 METROS
11.15 ALEVIN HOMES 800 METROS
11.00 INFANTIL MULLERES  800 METROS
10.45 INFANTIL HOMES  1200 METROS

 

Distribuir contido