Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

REMATAMOS O CURSO CUNHA GYMKANA

22/06/2021 23:48
Europe/Madrid

Para celebrar o remate deste curso tan complicado desfrutamos nos nosos patios dunha gymkana conxunta de todo o colexio. Esta actividade resultou todo un éxito entre o alumnado, desexoso de pasar un día con todos os compañeiros e compañeiras, que por mor da Covid non se puido facer en todo o curso. A pesares de estar todos e todas no patio seguimos a cumprir o protocolo e non se mesturaron as clases durante os xogos. O tempo deunos unha tregua e conseguimos levar a cabo a actividade tan necesitada para os rapaces e rapazas que pasaron un curso con moitas restriccións.