Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

UNHA "MAREA AZUL" LIMPA AS PRAIAS DE CARIÑO

11/06/2021 17:59
Europe/Madrid

O alumnado e persoal do centro acudimos hoxe ás praias da Concha e A Basteira para conmemorar o "Día Mundial do Medio Ambiente" ( 5 de xuño ) e o "Día Mundial dos Océanos" (8 de xuño ). Fixémolo realizando unha limpeza das nosas praias para concienciarnos da necesidade de coidalas e tamén de coidar o noso mar. Así poidemos desfrutar tamén dunha merenda e de xogos tras a limpeza.

Todos e todas levamos unha gorra azul co lema: " Coidar o mundo é coidar o teu futuro" que saíu selccionado nun concurso realizado entre todo o alumnado e proposto polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. O alumnado pasou unha mañá distinta, divertida, respectando o protocolo, e MOI MERECIDA!!!!!