Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

SAÍDA DIDÁCTICA DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

08/06/2021 15:15
Europe/Madrid

O alumnado de Educación Infantil realizou hoxe, seguindo todas as medidas contempladas no protocolo anti-Covid, unha saída didáctica polo casco antigo do pobo de Cariño.

Iniciamos a saída andando polo paseo marítimo e percorrimos as rúas Sol, Carme e Travesía da Mariña. Paramos para descansar, e coñecer, a Praza da Mariña Española, e continuamos pola rúa Jesús Creciente Veiga ata a igrexa. Voltamos á Praza da Mariña pola Travesía de Centeás. Seguimos pola Travesía da Mariña ata a Praza da Pulida, baixamos polo Calexón de Picos e chegamos de novo ao paseo. Nos xardíns do paseo paramos a merendar e xogar para logo voltar ao centro.

O alumnado desfrutou dunha actividade didáctica ao aire libre con todos/as os/as compañeiros/as de ciclo, pero sen mesturarse, e poideron divertirse coñecendo á vez o seu pobo.