Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Cariño solidario 2020

24/01/2020 09:27
31/01/2020 15:30
Europe/Madrid

Cuestación anónima para a recollida de fondos para unha causa benéfica.

icona do proxecto Cariño solidario, non aporta información.Este ano colaboraremos con UNICEF nun reto para enviar 1.000 doses de vacinas a nenas e nenos en situación de risco.

Por cada 75 céntimos enviamos un kit de vacinación para polio, sarampión e tuberculose.

Coa túa axuda podemos alcanzar o reto !!

Durante a semana do 26 ao 31 de xaneiro poderanse entregar os sobres coa doación anónima.

Todos os días veremos os resultados no noso termómetro solidario.

Colabora connosco na cuestación anónima que levamos realizando no colexio con motivo do Día escolar para a Paz desde 1993. 27 anos de solidariedade!!!!

termómetro que indica a cantidade de 185 vacinas.fotografía do kit de vacinas de UNICEF

a 5 de febreiro: 1.103 kits de vacinación.

 

 

 

 

 

Reto conseguido e superado !!!!

Moitísimas grazas a todas e todos pola vosa aportación.

 

Recadación total a 5 de febreiro de 2020: 807,68 euros

 carta de agradecemento de UNICEF Galicia

Preme na imaxe para ver o documento en formato PDF.

 

 

 

AdxuntoTamaño
CARTA_agradecimiento_CEIPManuelFraga.pdf421.22 KB