Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Mural Colectivo pola Igualdade

04/12/2019 10:09
Europe/Madrid

Onte levouse a cabo a confección do Mural Colectivo pola Igualdade.Nesta actividade, proposta polo Concello,colaborou o noso alumnado xunto co alumnado da asignatura de Plástica do IES Cabo Ortegal. O mural foi deseñado polas artistas Sol e Blanca xunto con Elena,a profesora de Plástica do IES.O deseño está baseado nos debuxos seleccionados no concurso convocado polo Concello.O alumnado de 5º e 6º participou neste concurso e os autores/as dos debuxos que se elexiron para compoñer o mural son:

Mateo Vila Posada 6º

Janire Adrián Afonso 6º

Bianca Andrea Galán Mirea 5ºA

Alejandro Rubido López 5ºB