Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Andaina pola contorna natural

19/06/2019 09:40
19/06/2019 13:30
Europe/Madrid

gráfico no que se amosa o percorrido da andaina.

O vindeiro mércores 19 de xuño levaremos a cabo unha andaina polo medio natural, desde o monte Faroleiro ata o colexio. Participa o alumnado de cuarto e quinto.

 

 Descrición da actividade.

 Data: 19 de xuño de 2019.

Saída desde o colexio:  9:40

Regreso ao colexio: 13:30 aprox

Distancia: aprox. 7 km

Dificultade: baixa.

Estado dos camiños: bo estado, limpos , sen risco.

 

Requisitos para o alumnado.

Levar calzado adecuado para camiñar por sendas de terra, e unha gorra.

Poden levar unha pequena merenda e auga.

 

Percorrido.

Traslado desde o colexio en autobús ata o mirador de Malveira.

Subida polo camiño de terra ata A Vacariza.

Descenso polo camiño do Cristo de Barbas en dirección Vilar - Barreiros.

Chegada ao colexio.