Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR- 2018/19

22/05/2018 00:29
Europe/Madrid

Desde o día 22 de maio ata o 22 de xuño de 2018 (incluído)  estará aberto o prazo para a  participación no fondo solidario de libros de texto e solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2018/ 2019

 

 Esta convocatoria ten tres modalidades:

Participación no fondo solidario de libros de texto: Vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º de E. Primaria. Consiste na entrega nunha cantidade de libros de texto segundo o nivel de renda e a dispoñibilidade de libros. As rendas per cápita inferiores a 5.401 euros terán garantida a entrega de 6 libros , as rendas per cápita entre 5.401 e 9.001 euros terán garantida a entrega de 4 libros de texto.

Axuda para a adquisición de libros de texto: Dirixida ao alumnado de 1º e 2º de E.P.

Axudas para material escolar: Para o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.

 

 As solicitudes poden presentarse utilizando un destes medios:

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR XUNTO COA SOLICITUDE:

  • A solicitude cuberta e asinada polo/a pai, nai, titor/a do/a alumno/a
  • Fotocopia do DNI/NIE dos membros da unidade familiar cando non autoricen a consulta telemática.
  • Fotocopia do libro de familia onde figuren os membros computables da unidade familiar (en caso de non telo, poderase acreditar con: certificado/volante de convivencia, informe dos Servizos Sociais que acredite a situación, sentencia xudicial de separación/ divorcio ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor).
  • Grao de discapacidade dalgún dos membros da unidade (agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará no caso de non autorizar a súa verificación).
  • Outra documentación que acredite casos de violencia de xénero, incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada/rehabilitada...

 

* A situación familiar e a renda per cápita familiar reflectirá os datos con data a 31 de decembro de 2016.

* Computarán como membros da unidade familiar os/as pais/ nais que teñan a custodia compartida do/a menor e os/as fillos/as menores de idade e/ ou maiores de idade ata os 25 anos que convivan no domicilio familiar.

 

 

 

Máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25042