Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Viaxe a Fene e Fragas do Eume

00/00/
Array

Mañá, xoves, 9 de xuño de 2016 o alumnado de 3º e 4º de E.P. faremos unha saída didáctica que constará das seguintes actividades.

- Fene: Museo do humor e Parque de Educación Viaria.

- Fragas do Eume: comida nun dos merendeiros, camiñata polas Fragas, merenda e volta.

A saída está prevista para as 8:30 h. dende Trinquete, facendo as paradas indicadas ás titoras, e a volta para aproximadamente as 19 h.

É recomendable que o alumnado vaia vestido con roupa cómoda, gorra e protección solar posta. Ademais, deberán vir provistos de merenda de media mañá (nunha bolsiña para baixar do autobús ao chegar a Fene), a comida e a merenda da tarde.